Imprimir

O PSDEG ESIXE QUE O GOBERNO CUMPRA A INICIATIVA SOCIALISTA APROBADA NO CONGRESO E CAMBIE OS CRITERIOS DE REPARTO NO CERCO

Información
03 Marzo 2017
social youtube xornalgalicia   feed-image

2repARTO CERCO SOCIALISTAS XUNTAO Goberno ten que asumir os acordos do Congreso e as maiorías da Cámara”, advirte Pilar Cancela tras unha reunión en Sada cos representantes de Acerga

Sada, 3 de marzo de 2017. A coordinadora dos socialistas galegos nas Cortes e presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, esixiulle hoxe ao goberno de España que cumpra a proposición non de lei presentada pola deputada lucense e portavoz de pesca do PSOE no Congreso, Margarita Pérez Herráiz, para cambiar os criterios de reparto no cerco, que foi aprobada só cos votos en contra do PP e o PNV. “O Goberno ten que asumir os acordos do Congreso e as maiorías da Cámara”, lembrou a socialista, que destacou as “reivindicacións xustas dun sector estratéxico para a economía de Galicia”.

Cancela e os portavoces socialistas de pesca no Congreso, Senado e Parlamento de Galicia, Pérez Herráiz, Modesto Pose e Loli Toja, xunto coas concelleiras socialistas de Sada Raquel Bolaño e María Pardo, reuníronse esta mañá co presidente de Acerga, José Blanco, e representantes do sector do cerco en Sada. Alí trasladaron que os socialistas seguen “mantendo o compromiso” adquirido co sector e lembraron que nas súas protestas, incluso cando estiveron acampados diante da Xunta no Nadal, “ninguén os escoitou”.

O PP di que vai facer unha revisión dos plans de xestión dos caladoiros do cantábrico e noroeste, e esquece que os últimos plans de xestión dos últimos anos están recurridos. Estamos falando dunha cuestión que o sector non asume, que reivindica e se manifesta en contra, porque non é un reparto equitativo”, afirmou Pilar Cancela. A socialista apuntou que tras a aprobación no Congreso o cambio no reparto de cotas xa é só “cuestión de vontade política”, e anunciiou que esperarán “un tempo prudencial” para que o goberno cumpra e do contrario esixirano no Congreso.

Pola súa banda, o presidente de Acerga, José Blanco, agradeceu a iniciativa socialista e o feito de que saíse adiante no Congreso e lembrou que desde Acerga seguen “na loita” porque coas actuais cotas de xurel, bocarte ou anchoa non poden chegar “nin a mediados de ano” cun repartos que non son equitativos. “Sobraron seis millóns de quilos de xurel, como admitiu o secretario xeral, e nós só pedimos o que nos fai falta para a nosa flota”, exemplificou. “No bocarte non chega nin para comer para os barcos que somos”, lamentou.