Información

Denuncia o total abandono pola Consellería do Mar (Rosa Quintana PPdeG) do abandono da vixilancia nas zonas de extracción de percebe na ría de Ferrol

Información
Diario Marítimo ; 13 Mayo 2017

A FGAMT-CIG vén de denunciar o deixamento na actuación das administracións públicas no que ten a ver coa vixilancia da zona de extracción do percebe na ría de Ferrol. A Federación denuncia que nos últimos tempos están actuando furtivos/as e que "moitas destas persoas dedícanse a outras actividades laborais e veñen actuando con total impunidade". El Ministerio de Fomento y la Xunta de Galicia (Rosa Quintana) al descubierto ... Mar adapta la ley para que Rosa Quintana pueda llevar traje de Gardacostas pero eso sí, vigilar a los furtivos como que nó, es para lucir estilo PINOCHET en las fotos de naufragos desaparecidos...

 

A pesar dos requirimentos realizados polo sector, explica Francisco Xabier Cartelle, a Consellería non pon medios para que se realice una vixilancia correcta e unha actuación que impida que se esquilmen os recursos dos que dependen gran número de familias da comarca ferrolá.

Son as e os propios profesionais do sector os que se ven na obriga de ter que “perseguir” está actividade ilegal, e aínda cando poñen en coñecemento das autoridades as persoas infractoras, "estas nin aparecen ou directamente non actúan, ben por falta de medios, ben por falta de xurisdición ou por simple deixamento".

Neste senso, Cartelle engade que "nos últimos meses estase a acreditar por parte dos/as profesionais do sector un preocupante e inadmisíbel deixamento e relaxación en canto a perseguir o furtivismo relativo ao percebe e, de xeito máis, notorio na zona comprendida entre punta Frouxeira e Prioriño.

Así as cousas, dende a central sindical demándase que se adopten medidas para que se garanta o cumprimento da lei e se protexan os recursos percebeiros "que son sustento dun importante número de traballadores/as da comarca".

 

Jornada de puertas abiertas del buque llevada a cabo con motivo del Día Marítimo de China 2018

Jornada de puertas abiertas del buque llevada a cabo con motivo del Día Marítimo de China 2018

Un miembro de la tripulación (i) presenta el puente del buque de rescate Dong Hai Jiu 101 a los visitantes durante una actividad de la jornada de puertas abiertas del buque llevada a cabo con motivo del Día Marítimo de China 2018, en Shanghai, en el este de China, el 11 de julio de 2018. El Día Marítimo de China 2018 fue celebrado el miércoles. (Xinhua/Fang Zhe)

La Anchoa de Santoña: un producto tradicional que se reinventa en clave Gourmet

Bodega La Fuente, cadena de restauración especializada que opera en el me...

FNYH y Pequesurf recuperan las dunas de Somo

FNYH y Pequesurf recuperan las dunas de Somo

Los jóvenes participantes de los campamentos de surf, Pequesurf, que se c...