Información

O PPdeG utiliza a Xunta para negarse a colaborar na reconstrución do estaleiro de Moaña

Información
Diario Marítimo ; 13 Julio 2017

A deputada por Pontevedra Montse Prado critica a decisión da Xunta que rexeita colaborar economicamente na reconstrución do estaleiro de ribeira de Casqueiro no Concello de Moaña, despois de que esta infraestrutura fose pasto do lume nun incendio con claros indicios de ter sido provocado no que pode ter sido un atentado contra o patrimonio. Rosa Quintana solo "regala dinero público de los coudadanos" a quien le aplaude aunque lo utilicen de forma irregular

 

Prado valorou o compromiso do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, para seguir adiante coa tramitación iniciada polo seu departamento para protexer como ben de interese cultural (BIC) o patrimonio inmaterial vinculado á carpintería de ribeira confirmando que, en ningún caso, eses trámites de protección se ven afectados polo sinistro.

Pero a deputada considera ese compromiso “totalmente insuficiente” porque a Xunta tira balóns fora e deixa só ao concello de Moaña no seu obxectivo de reconstruír o estaleiro situado na parroquia de San Martiño para convertelo nun museo, o que contrasta co apoio económico total e inmediato demostrado noutras ocasións, como o incendio que destruíu o santuario muxián, argumentou a deputada.

 “Gustaríanos ver unha actuación por parte do Goberno galego que fose similar á que demostraron cando se queimou o santuario de Muxía,  que ardeu un 25 de Nadal e dos días despois aseguraban que a reconstrución ía facerse custara o que custara, que se asumía o 100% do proxecto construtivo con 700.000 euros comprometendo a maior brevidade nos prazos”, lembrou Prado.

Para a deputada do Bloque, o estaleiro de Moaña afectado “é un patrimonio de altísimo valor na cultura galega, na nosa idiosincrasia e no que somos como pobo”, polo que o concello de Moaña e os veciños e veciñas “agardaban moito máis da Xunta que unha simple confirmación de que van seguir adiante cos trámites para a declaración de protección do patrimonio inmaterial relacionado coa carpintería de ribeira”, concluíu.

Para o BNG, os estaleiros de ribeira son un tesouro cultural de embarcacións de madeira, -dornas, botes polbeiros, traiñeiras, gamelas, lanchas xeiteiras, paquebotes, galeóns-, de tradición secular, ao que se suma una técnica e sabedoría construtiva de séculos. Un conxunto valioso de recursos, ligados á historia e a vida da xente do mar, testemuño do seu pasado.

É precisa a súa salvagarda e integridade destes estaleiros de ribeira, -defende o Bloque-, así como os seus accesos directos ao mar como parte do patrimonio cultural galego, da riqueza etnolóxica do país, e mesmo unha obriga moral.

Más del 20 % de los chiringuitos andaluces carece de licencia de apertura

Más del 20 % de los chiringuitos andaluces carece de licencia de apertura

De los 704 chiringuitos inventariados en Andalucía, 287 cuentan ya con licencia...

Navio-escola Sagres visita pela primeira vez porto em Curaçao

Navio-escola Sagres visita pela primeira vez porto em Curaçao

A visita surge integrada no evento náutico de grandes veleiros denominado “Velas...

Anhui: Pescadores embarcan anchoas en área Lago Hongze de Huai'an

Anhui: Pescadores embarcan anchoas en área Lago Hongze de Huai'an

Anhui: Pescadores embarcan anchoas en área Lago Hongze de Huai'an ANHUI, agosto 13, 2018 (Xinhua) -- Imagen del 12 de agosto de 2018 de un pescador embarcando anchoas en el área Lago Hongze de la ciudad de Huai'an, provincia de Anhui, en el este de China. (Xinhua/Chen Liang)

La Anchoa de Santoña: un producto tradicional que se reinventa en clave Gourmet

Bodega La Fuente, cadena de restauración especializada que opera en el me...

FNYH y Pequesurf recuperan las dunas de Somo

FNYH y Pequesurf recuperan las dunas de Somo

Los jóvenes participantes de los campamentos de surf, Pequesurf, que se c...