O X Torneo-Foliada Concello de Carballo de volei praia bate todos os rexistros con 102 parellas inscritas

Información
19 Agosto 2017
social youtube xornalgalicia   feed-image

O volei praia ten cada vez máis tirón en Carballo, e boa parte da culpa téñena as Escolas de Volei Praia de Razo, que todos os veráns converten unha parte da explanada nunha gran cancha de xogo para afeccionados/as de todas as idades. Unha das probas dese tirón é a elevada participación no Torneo-Foliada Concello de Carballo.

Este ano bátense todos os rexistros cun total de 102 parellas inscritas, e onte mesmo os organizadores tiveron que rexeitar 42 solicitudes máis. “Moi a pesar noso, a praia non da para máis”, manifestou Rosalino Mariño na presentación do evento, que tivo lugar este mediodía na Casa do Concello.

Ao éxito do volei referiuse tamén o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo: “É unha das actividades máis participativas da praia”, sinalou. Pero ademais dunha cuestión de cantidade, tamén o é de calidade, de xeito que, segundo anunciou Rosalino Mariño, esta fin de semana teremos en Razo “xogadores que participaron este ano no Campionato de España”.

No Torneo-Foliada haberá 8 pistas, 10 categorías e 204 xogadores/as en acción, “e o 40 ou 50% deles son de Carballo”, destacou Rosalino Mariño

Debido ao elevado número de inscricións, que se pecharon un día antes do previsto porque xa non podían atenderse máis, a organización decidiu adiantar para o sábado unha serie de partidos e non colapsar o domingo. Haberá 8 pistas, 10 categorías e 204 xogadores/as en acción, “e o 40 ou 50% deles son de Carballo”, destacou Rosalino Mariño. Ademais, agradeceu o apoio do Concello, da Deputación da Coruña, da Fundación Luis Calvo e do pequeno comercio local.

Evencio Ferrero, pola súa banda, convidou tanto a participantes como a público a aproveitar a fin de semana para “gozar tamén de toda a contorna da praia de Razo”.

Categorias

Supermini: 10 anos de idade ou menos
Sub-15: 11, 12, 13 e 14 anos
Sub-17: 15 e 16 anos
Sénior: 17 en adiante
Súper 80: a suma das idades dos integrantes da parella ten que ser igual ou superior a 80, cunha idade mínima de 35 anos

Administrar una empresa en la era digital puede parecer una tarea dificil, pero con las herramientas adecuadas, se convierte en un proceso manejable y hasta gratificante. La tecnología ha avanzado a...

Corría la noche del 14 de abril de 1912 cuando el Titanic sufrió su fatídico accidente. El barco, un buque “insumergible” de 269 metros de eslora y un peso de 46000 toneladas, zarpó con más de dos...

Las ventajas de contar con un buen software ERP son más que conocidas. Eficiencia, mejora en la productividad y ahorro de costes operativos son solo tres de ellas. Hacerlo posible gracias al Kit...

  AltaLingua cumple 17 años ofreciendo servicios lingüísticos integrales a todos los idiomas. AltaLingua trabaja desde 2005 con la visión de convertirse en una agencia de referencia en el...