Organizaciones sindicales denuncia que Rosa Quintana puso en GRAVE RIESGO de incendios a Galicia desviando el dinero público para sus inetreses particulares por afinidades políticas

Información
Consellería do Mar Xunta de Galicia 08 Julio 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image

incendios galiciaAs organización sindicais CIG, CCOO, UGT e CSI•F denuncian a situación de emerxencia que o goberno da Xunta levou ó Servizo Público de Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF), co desmantelamento paulatino do SPDCIF a través das súas políticas de disgregación dunha parte do dispositivo e a privatización doutra.

A irresponsable fragmentación levada a cabo pola Consellería do Medio Rural e Mar do dispositivo de prevención e extinción de incendios forestais, a través dun complexo entramado de organismos, empresas e institucións, está prexudicando gravemente a eficiencia do que sempre foi un servizo público de contrastada eficacia coa única fin de servir a escuros intereses económicos e electoralistas.

Dende as OOSS asinantes queremos poñer en coñecemento da opinión pública que a precarización das condicións de traballo, a falta de medios, tanto materiais coma humanos, así como a inestabilidade laboral e profesional a que o goberno da Xunta quere condenar os profesionais do SPDCIF, pon en grave risco a capacidade do servizo nas tarefas de extinción e prevención de incendios e supón unha gravísima neglixencia por parte dos seus responsables.

Asemade, poñemos en coñecemento da opinión pública que nestes últimos 6 anos todas as peticións de diálogo e negociación feitas dende as organización sindicais caeron en “saco roto”, obtendo sempre o silencio como resposta.

Por todo elo, vimos de presentar no día de hoxe unha solicitude a la Sra. Conselleira do Medio Rural e Mar esixindo a apertura dunha mesa de negociación na que abordar de forma urxente os problemas actuais do SPDCIF. Nese escrito, se lle comunica que no caso de non recibir resposta positiva a esta oferta de diálogo antes do 15 de xullo, dende CIG, CCOO, UGT e CSI•F nos veremos na obriga de iniciar mobilizacións e actos reivindicativos na defensa dun servizo esencial para os intereses de Galicia.

 

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2015

 

 

CSI•F         UXT       CCOO         CIG