OS SOCIALISTAS DENUNCIAN “DESLEIXO ABSOLUTO DA XUNTA DE GALICIA” NA CRISE DA AUGA POTABLE DE FERROL

Información
Consellería do Mar Xunta de Galicia 11 Septiembre 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image

Beatriz Sestayo denuncia o “escaqueo” do goberno galego mentres o portavoz do PP acusaba ao concello de “envelenar á poboación” e Feijóo “ía tomar algo a Doniños”

A deputada socialista advirte no Parlamento que a Edar de Ferrol “nunca funcionou” malia terlle cobrado á poboación un plus para o seu financiamento

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 15. A deputada ferrolá Beatriz Sestayo denunciou hoxe no Parlamento “desleixo absoluto da Xunta de Galicia” na crise da auga potable de Ferrolterra, que tivo a 150.000 persoas de cinco concellos co seu consumo restrinxido durante cinco días no mes de xullo. Sestayo presentou unha pregunta oral na que denunciou o “escaqueo” do goberno galego.

Criticou que mentres os gobernos locais constituían un gabinete de crise para repartirlle milleiros de litros de auga potable á poboación, coa participación do exército e camións cisterna circulando polas rúas dos concellos, o goberno galego “renunciaba a asumir a súa responsabilidade en saúde pública, coordinación nun gabinete de crise supramunicipal, atención aos servizos públicos ou emerxencias”.

“O goberno galego renunciou a cooperar –sinalou- e Rueda limitouse a sinalar que a situación non era tan grave mentres o seu portavoz parlamentario, o deputado Tellado, acusaba ao goberno de Ferrol de envelenar á poboación e Feijóo tiña a ben achegarse a Doniños tan só para tomar algo nun chiringuito”.

Logo de catro días, dixo, a delegada de Sanidade compareceu no gabinete de crise “para insultar aos representantes da administración local e deixalos plantados a continuación”, logo de desatender a toda a cidadanía de Ferrolterra, incluíndo “a Residencia Arquitecto Marcide, as escolas infantís ou os centros de día, que non tiveron ningunha instrución do goberno galego sobre cómo actuar nesta situación”.

Edar

A responsable socialista levou á Comisión a situación da Edar de Ferrol, supostamente construída polo goberno do PP, que “logo do cambio de goberno unha inspección municipal demostrou que a depuradora nunca tiña funcionado”.

Advertiu que esta situación produciuse a pesares de que os responsables do concello, do goberno galego e mesmo do goberno central “fixeran declaracións públicas e participaran nunha publirreportaxe pagada con diñeiro público falando das toneladas de metros cúbicos de auga que procesaba a infraestrutura”.{jcomments on}