OS SOCIALISTAS ESIXEN Á XUNTA UN PLAN DE ACCIÓN FRONTE AO CAMBIO CLIMÁTICO E ADVIRTEN DOS SEUS RISCOS PARA AS RÍAS GALEGAS

Información
Galicia 20 Octubre 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image

“A nova conselleira responsable de medio ambiente debe poñer en marcha políticas de prevención e accións de minimización”, sostén Patricia Vilán

 

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2015. Os socialistas galegos demandaron hoxe ao Goberno galego no Parlamento “unha axenda e un plan de acción fronte ao cambio climático” e advertiron dos seus riscos para o agro e as rías galegas.

“O sábado é o Día Mundial contra o cambio climático, o quecemento globale as súas consecuencias seguen a ser motivo de preocupación e desvelo dos científicos de todo o mundo”, afirmou a portavoz de Medio Ambiente do PSdeG, Patricia Vilán, nunha pregunta oral ao secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Xunta, Justo de Benito.

Vilan lembrou que “en decembro deste ano vaise celebrar a cumbre sobre o Cambio Climático en París, é unha obriga ter este problema na axenda de todos os gobernos, facendo políticas de prevención e planificando accións futuras para minimizar o seu impacto”.

“A Xunta tamén é un goberno; tamén debería ter axenda, e debería ter políticas de prevención e accións de minimización, moito mais tendo unha nova Consellería e unha nova conselleira que, en exclusiva, terá que responsabilizarse de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio”, apuntou.

A deputada socialista criticou que “non hai axenda nin un novo plan Galego de Acción fronte ao Cambio Climático, os últimos datos son de novembro de 2012 e o Goberno da Xunta orzamentou nestes últimos anos cero euros para a loita contra o cambio climático”.

Na súa resposta, Justo de Benito limitouse a expresar o compromiso do Goberno na loita contra o cambio climático, sen dar datos concretos de orzamentos mais alá dos 30 millóns correspondentes a 2009. “O quecemento globalestá a facer que desaparezan por exemplo os abellóns, o que prexudica o agro, e o cambio climático afecta ao estado das rías galegas, incluso á súa producción, polo que o tema debe ser prioritario”, rematou Vilán. {jcomments on}