Ana Pontón: "Esta será a lexislatura do tren e da rexeneración da Ría de Ferrol e da oposición a catástrofe de Rosa Quintana"

Información
Portada 13 Octubre 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image

Ana Pontón co deputado Xosé Luís Rivas e cargos institucionais do BNG de Ferrol e comarca  Dentro das visitas que a portavoz do grupo parlamentar do BNG, Ana Pontón está a realizar a diferentes provincias co fin de presentar aos novos e novas deputadas, hoxe en  Ferrol, acompañada do deputado, Xosé Luís Rivas (Mini) e cargos institucionais da comarca afirmou que “esta será a lexislatura do tren”. Neste sentido, a nacionalista asegurou que unha das primeiras iniciativas do novo grupo parlamentario será pedir a transferencia da liña de tren galega Feve e a  rexeneración da ría.