Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
O Concello de Vilagarcía asumirá o 50% dos gastos que xenera o uso das instalacións da Axencia de Lectura de Vilaxoán, cuxo acceso se fai a través das instalacións da confraría de pescadores, que tamén facilita os aseos públicos. A Xunta de Goberno Local aprobou onte o convenio a asinar co pósito Virxe do Rosario, cun límite de 6.000 euros anuais. En calquera caso, eses gastos deberán estar debidamente xustificados.
14.03.2017. Elevar a 6.000 euros a cota anual significa incrementala nun 50% sobre a xa existente dende 2015, cando o actual goberno desbloqueou unha situación que o anterior executivo foi incapaz de resolver en catro anos e cando entre os seus membros estaba o propio presidente da confraría.
Logo de que no anterior exercicio, o pósito fóra incapaz de xustificar máis alá de 2.000 euros de gastos, o alcalde mantivo unha reunión, a principios de febreiro, cos responsables da confraría e con varios colectivos de Vilaxoán para estudiar a situación creada e buscar unha solución que satisfacera a ambas partes.
Por unha banda, ao Concello interésalle que siga funcionando a axencia de lectura e que os distintos colectivos veciñais e culturais poidan seguir utilizando os salóns do Fogar do Pescador. Pero ao tempo, e por outra banda, tamén ao pósito lle interesa que a colaboración económica do Concello para que ambas instalacións culturais sigan abertas. De aí o compromiso final de repartir os gastos ao 50% ata un límite de 6.000 euros anuais, incluídos nestes o consumo eléctrico e de auga, limpeza e mantemento, tanto das instalacións culturais propias da confraría coma dos accesos e instalacións da axencia de lectura, de titularidade municipal.
Para facer efectivo este acordo ambas partes se comprometen a constituír un comité de seguimento para avaliar o seu desenvolvemento e, chegado o aso, resolver as incidencias que poidan xurdir. A duración do convenio é dun ano a partir da sinatura, e se prorrogará automaticamente salvo denuncia expresa dunha das partes.
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +