Información
Enviar por ; Correo electrónico

A eliminación de verquidos na contorna de Cortegada terá un tratamento prioritario nos orzamentos municipais de 2016

Información
Diario Marítimo ; 06 Diciembre 2015 ; 1173 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
Potenciar Cortegada e erradicar os vertidos de augas residuais ao mar son un dous temas prioritarios da axenda e do programa do goberno socialista no que a materia de turismo e medio ambiente se refire. Por iso, o equipo que dirixe Alberto Varela xa ten previsto destinar unha partida económica nos orzamentos municipais de 2016 á mellora do saneamento no litoral carrilexo. O executivo traballa con esta previsión dende hai meses, conforme a súa liña programática e tamén ao compromiso adquirido cos veciños en xeral e coa Plataforma Pro Cortegada en particular.
.- Respecto ás críticas deste colectivo contra o investimento realizado na mellora dos bombeos do saneamento no Rial e A Torre a través dunha subvención de Parques Nacionais, o goberno local aclara, en primeiro lugar, que as axudas concedidas ao abeiro desta orde están dirixidas a municipios con territorios incluídos nalgún Parque Nacional e son para “actuacións de mellora e potenciación das contornas da devandita zona protexida, así como dos seus servizos”.
Independentemente diso, o goberno aclara que a subvención foi solicitada meses atrás e que dada a escasa suma das mesma (18.000 euros), insuficiente para acometer unha actuación de maior calado, como a que se precisa na franxa litoral de Carril, decidiuse destinar á solventar problemas puntuais nos bombeos do Rial e A Torre. Sen prexuízo das medidas de maior envergadura que se levarán a cabo en 2016 para mellorar o saneamento de Carril e eliminar os puntos de verquidos ao mar, cómpre lembrar que calquera mellora na rede de saneamento local repercutirá favorablemente no saneamento do litoral de Vilagarcía no seu conxunto e, consecuentemente, na mellora da imaxe e calidade de Carril e da Illa de Cortegada.  {jcomments on}
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....