Enviar por ; Correo electrónico

O PP en contra de declarar a Illa de San Simón como Illa da Memoria

Diario Marítimo ; 09 Julio 2017  ; 36 votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Illa de San Simón (Ría de Vigo). Foto Flickr: @farrangallo

 

Luís Bará critica que o abandono da Xunta está a converter este espazo emblemático nun parque temático recreativo e pide a prohibición expresa das actividades con fins lucrativosO BNG pretendía sacar adiante un acordo do Parlamento para reclamar ao Goberno galego un plan de usos integral para a Illa de San Simón que, entre outras cuestións, permitise declarar este espazo de tan alto significado histórico como Illa da Memoria. Pero o PP tombou unha por unha todas as propostas defendidas polo deputado Luís Bará na comisión de Educación e Cultura.

 

Na súa argumentación, o deputado por Pontevedra lembrou que San Simón “ten un valor cultural, histórico e natural extraordinarios”, ao que se suma o seu “gran valor simbólico como espazo da memoria histórica galega por ter sido escenario da represión franquista entre 1936-1943 e por ter sido tamén un lugar de loita pola liberdade, solidariedade e da resistencia democrática fronte ao fascismo”.

Aínda así, non puido evitar o veto do PP a súa proposta de elaborar un plan de usos en colaboración cos concellos da contorna e das asociacións da memoria histórica, que regule as actividades do espazo primando a recuperación, divulgación e dinamización da memoria histórica democrática galega, así como a loita polas liberdades e os dereitos civís.

Igualmente, a proposta do Bloque solicitaba unha programación anual de actividades de iniciativa pública, con especial atención á recuperación da memoria histórica.

A ausencia deste plan por parte da Xunta, denunciou Bará, “esta a provoca de feito a privatización do espazo coa proliferación de actividades organizadas por empresas de marcado interese comercial e inequívoco ánimo de lucro”. Neste sentido, o deputado e autor de publicacións sobre a memoria histórica en Galiza deixou claro que a Illa de San Simón “non é un parque recreativo, un parque de atraccións, un camping nin a illa do tesouro”.

Pola contra, estamos a falar dun lugar histórico, cultural e natural “que merece coidado e dinamización e que debe ser tratado con respecto e sensibilidade”, en particular coas persoas e as súa familias que foron represaliadas na illa. Por iso, é preciso potenciar o carácter público de San Simón, evitar a privatización do seu uso e prohibir expresamente a realización de actividades con claro interese lucrativo.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +