Enviar por ; Correo electrónico

O alcalde reclama máis medios para protexer Cortegada e felicita os veciños de Carril pola súa resposta

Diario Marítimo ; 18 Julio 2015  ; 1048 visitas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
O alcalde, Alberto Varela, reclama de todas institucións implicadas na conservación da illa de Cortegada a dotación de máis medios de prevención, despois do incendio que o pasado día 16 puxo en perigo a xoia medioambiental do Concello e unha das pezas claves do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Varela felicitou publicamente aos veciños de Carril que coa actitude impediron que as chamas foran a mais.
O alcalde, que na noite do xoves participou como un veciño máis apagando o fogo, visitou o venres pola tarde o lugar do sinistro na compaña de varios concelleiros, Tania García, Lino Mouriño e Juan Antonio Pérez Callón, que tamén participaran nas labores de extinción, e do director do Parque, Pepín Fernández. Sobre o terreo Alberto Varela puido comprobar que a zona afectada foi de arredor de 500 metros cadrados e coñeceu igualmente as labores de rexeneración que xa se iniciaron por brigadas de Illas Atlánticas. Os concelleiros recibiron tamén información sobre a evolución das pesquisas para determinar as causas do incendio, que apuntan a unha neglixencia.
Neste contexto, Alberto Varela anunciou que se dirixirá ás administracións competentes para esixir máis medios preventivos, por exemplo a existencia de motobombas e outros medios contraincendios na mesma illa e, sobre todo, unha revisión dos protocolos a ter en conta en casos como este. O pouco calor do día e ausencia de vento favoreceron a rápida extinción do incendio, pero temperaturas ou ventos do norte como os de días pasados podería ter causado un dano infinitamente maior.
O alcalde cre que todos deben aprender do “aviso” do pasado xoves, tanto as administracións como os propios usuarios da illa, elevando a súa conciencia medioambiental, algo que si demostraron os case tres centenares de veciños de Carril que apenas media hora xa tiñan creada unha cadea humana para salvar o que consideran parte da súa vida.
Pola súa banda, o director do Parque anunciou que o día 27 chegaran novas brigadas e unha máquina trituradora para continuar os traballos de rexeneración e limpeza da zona afectada polo lume, pero tamén do resto da illa, dentro do programa anual de mantemento do parque nacional. Pepín Fernández tamén apostou pola existencia de medios antiincendios propios na illa.
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +