Información

O Goberno de Alberto Núñez Feijóo (PPdeG) encubre datos falsos de ENCE para protexela e que siga contaminando a Ría de Pontevedra e os bancos marisqueiros arruinando a riqueza autoctona.

Información
Diario Marítimo ; 03 Junio 2017

cid 4E0F839C 4B77 4750 BE44 F40924B12C7ACanto contamina realmente ENCE? Pois o que ENCE diga... á Xunta válelle. Tres documentos de ENCE con datos de emisións distintos

Ramón Varela Díaz, experto en contaminación ambiental e ex-presidente de ADEGA, quixo cuantificar o impacto ambiental ambiental da fatoría de ENCE en Pontevedra, coñecendo cais son os consumos de recursos do complexo, que cantidades contaminantes emite á atmosfera e á auga así como cantos residuos xera anualmente. Para iso, acudíu tanto ás fontes oficiais (rexistro estatal PRTR) como á documentación publicada pola propia empresa na súa web.

O resultado é certamente sorprendente: acontece para un mesmo ano (2015) as cantidades de contaminantes declarados por ENCE son distintas segundo consultemos o rexistro PRTR (Rexistro estatal de emisións e fontes contaminantes), a Declaración Ambiental ou o informe anual de Responsabilidade Social Corporativa 2016 (datos de 2015). Cómpre subliñar que a fonte dos datos dos tres informes é a propia empresa: valiadados pola Xunta no caso do PRTR e certificados por AENOR para a Declaración Ambiental.

Que datos son verdadeiros, se é que hai algún? Como é posíbel que a administración dea por boas valores de emisións declarados no rexistro estatal, que para un mesmo ano entran en contradicción cos ofrecidos pola empresa na súa Declaración Ambiental (certificada por AENOR) e na súa memoria anual de Responsabilidade Social?

Datos do rexistro estatal PRTR
Segundo as Guías do Rexistro de Emisións Contaminantes PRTR, as industrias de fabricación de pasta de papel como ENCE emiten 25 contaminantes á atmosfera e 21 contaminantes á auga, en total 46. En 2015 ENCE só declara 3 contaminantes á atmosfera e 9 contaminantes á auga (12 en total). En anos pasados delaraba tamén CO, CO2, compostos orgánicos haloxenados... que en 2015 aparecen sen datos.

Descoñecemos se a razón é porque non acadan o limiar mínimo para que sexa obrigatorio declaralos (para o CO2 son 100.000 toneladas e nese ano emitíu 92.654 t como recolle a Declaración Ambiental) ou si intencionadamente ou por desinterese non os puxeron. O mesmo acontece cos residuos perigosos e os asimilados a urbanos que tampouco aparecen declarados no 2015.

Con relación ao mercurio, no ano 2015 ENCE declara o vertido de 1,6 kg. Nos últimos dez anos o vertido de mercurio a auga foi de 27,49 kg. Descoñecemos por que nun ano como o 2008 verteu 8,46 kg e ao seguinte (2009) só 1,83 kg, e de novo en 2010 5,15 kg. A que se deben estas flutuacións? E xa postos, en que medida son fiábeis estas cifras dun contaminante tan perigoso como o mercurio?
Tamén e ao contrario que a maioría das empresas, ENCE no PRTR de 2015 non declara a información (opcional) relativa á cuantificación da produción, aos consumos de electricidade, auga, combustíbeis... e ao número de traballadores.

Semella que para a Xunta non pasa nada se en 2015 de 46 contaminantes ENCE só declara 13. Que aconteceu co arsénico, cromo, compostos haloxenados ou monóxido de carbono que sí aparecían en anos anteriores? Comprobou realmente a Xunta as razóns polas que estes perigosos contaminantes non figuran no rexistro estatal ou fixo a vista gorda? Tampouco parece preocuparlle a causa das bruscas variacións nas emisións de mercurio, un perigoso veleno.

Datos da Declaración Ambiental e do Informe de Responsabilidade Social Corporativa
Nestes dous informes, os datos tampouco cadran. Comezando polos consumos, ENCE no Informe de responsabilidade social de 2015 di gastar 13.729.728 m3 de auga ao ano, cando na Declaración Ambiental di que foron 13.506.684 m3, 1/4 de millón de metros cúbicos de diferenza!
En canto ás emisións de contaminantes, as discrepancias tamén son significativas:
-Para a DQO (Demanda Química de Osíxeno) ENCE declara emitir 1.793.445,7 kg/ano no Informe de RSC mentres que na Declaración Ambiental figura que verte 1.930.743 kg ano, case un 8% máis.
-Para o Nitróxeno total, no informe de RSC di que verte 128.716 kg e na Declaración Ambiental 94.392 kg, desta volta unha diferenza nada me¡memos que do 27%.
-E para aos Óxidos de Nitróxeno, o informe RSC recolle a emisión de 1.274.290,4 kg/ano, bastante distinto (30% de diferenza) dos 897.000 kg/ano que declarou no PRTR.

Semella incríbel que os datos provintes dunha mesma fonte, a fatoría de ENCE de Pontevedra, poidan ser tan diferentes nos tres informes. Nesta altura preguntámonos: que cifras de contaminación son verdadeiras? Que grao de fiabilidade presentan estes datos cando existen contradicións claras entre eles? Como é posíbel que a Xunta poida validar unhas cifras (PRTR) e logo en dous informes da empresa aparezan valores distintos?

Ligazóns
Datos rexistro estatal PRTR ENCE 2015
Declaración Ambiental ENCE-Pontevedra 2015
Informe RSC ENCE 2016 (datos de 2015)


Novas relacionadas
Barra libre para a biomasa: Feijóo desregula o sector e dá carta branca a ENCE para encher de cultivos enerxéticos o país
Móvete con ADEGA polas rías, contra ENCE e a eucaliptización!
Prórroga de 60 anos para ENCE: fraude democrática e bulra ambiental

Aprender idiomas, esencial en el sector marítimo

A día de hoy son numerosos los trabajos que pueden desempeñarse en el ámbito marítimo. Ello es de agradecer por parte de los amantes de dicho sector. Sin embarg...

Inmigrantes ilegales de pateras en Canarias secan al sol sus billetes de 20 y 50 euros, mojados durante la travesía

MUCHAS SON TRASLADADOS EN BARCO DESDE MAURITANIA HASTA EL LÍMITE DE LAS 12 MILLAS DONDE BAJAN A PATERAS PARA RECORRER LA DISTANCIA HASTA TERRITORIO ESPAÑOLInmig...

Basanta, Basanta, Basanta es cojonudo, como Basanta no hay ninguno... Jefe de Gabinete de Rosa Quintana, metiendo el diente a los fondos europeos.

El Jefe de Gabinete de Rosa Quintana recibe ayudas públicas para SUS propiedades que NO constan en transparencia de la Consellería do Mar junto a datos fa...

O Goberno de Feijóo afirma en sede xudicial que carece de expertos en contaminación ambiental campando as súas anchas a contaminación dos rios de Galicia

Un dos principais ríos galegos, que da nome a un emblemático Parque Natural, leva décadas sofrindo o maltrado da minaría contaminante e as nefastas consecuencia...

El vuelco de un camión cisterna provoca un vertido de gasoil al río Arga

El vuelco en Ansoain de un camión cisterna que transportaba hidrocarburos ha provocado un vertido de gasoil que ha llegado al cauce del río Arga a través de la red...

Rescatado un cadáver en el río Ebro en Sartaguda

A la espera de la confirmación de la identidad, podría tratarse de la persona ahogada al caer al agua en Lodosa el coche en el que circulaba     Los bomberos del GRA...

Las conclusiones de Antón Salgado se cumplen sobre el buque Factoría Ruso Oleg Naydenov y avaladas por el mismo litigio y las dos partes enfrentadas Estado y Armador del Buque.

Foto: Anton Salgado "Ok Scene Commander" (OSC) dando un curso de Salvamento y Rescate a las fuerzas extranjeras. El fondo del asunto no es otro que tras la quiebra técnica provocada...

El Juan Sebastián de Elcano atraca en Madrid

La vida a 5 nudos, el documental que nos acerca al día a día a bordo del buque escuela de la Armada Española, llega a las pantallas de la capital.