OS SOCIALISTAS RECLAMAN INCENTIVOS PARA QUE AS TRABALLADORAS DO MAR “VAIAN A BORDO”

Información
Diario Marítimo ; 08 Marzo 2018

Loli Toja reivindica o “papel clave” das mulleres no sector e pide unha batería de medidas para recoñecer o seu papel “e que poidamos avanzar cara adiante”

 

Santiago de Compostela, 07 de marzo de 18. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, reclamoulle hoxe ao goberno galego incentivos para impulsar que as traballadoras do mar “vaian a bordo”. Na sesión de control ao goberno, reivindicou “recoñecer o papel das mulleres no sector e que vaiamos adiante” e esixiulle á conselleira do Mar “solidariedade coa muller do mar”.

A responsable socialista advertiu que “falla conciencia social” sobre a importancia da contribución destas mulleres e criticou que a conselleira “ou se está marcando un farol ou é moi pouco ambiciosa, en calquera das dúas situacións debe valorar se pode seguir á fronte da Consellería”.

Desta forma apelou á situación das mulleres que traballan no mar,  que perderon un de cada catro Permex dende 2009 –de 3.887 a 2.807-, hai 1.803 afiliadas menos ao réxime especial do mar, na pesca extractiva son só un 5 por cento das ocupadas, na acuicultura un 26 por cento e que teñen unhas pensións medias de 579 euros, fronte aos 1.090 dos homes.

Os socialistas galegos reclamaron unha batería de medidas para impulsar a situación destas mulleres coa aplicación dun coeficiente redutor na idade de acceso á xubilación, recoñecemento de enfermidades profesionais ou incentivos para a contratación de mulleres a bordo.

Tamén propuxo maiores recursos para fomentar o asociacionismo neste colectivo, medidas que favorezan a igualdade salarial entre homes e mulleres pescadoras, medidas de conciliación con garderías na proximidade dos portos  pesqueiros e horarios flexibles nos centros educativos que utilizan as profesionais deste sector.

Alicia Collado Opiniones de los amarres más exitosos del mundo

Según Alicia Collado y sus opiniones, al principio de las relaciones amorosas todo es idílico. Sin embargo, tras haber transcurrido una mayor o menor cantidad d...

Dulceida, una “Influencer” mundial

  Muchos pueden conocerla como Aida Doménech. Lo cierto es que la famosa Dulceida está muy cerca de ser reconocida como una YouTube de carácter mundial con...

El capitán del Sevmorput, evacuado del barco por el Helimer Canarias.

 Tal y como informó ayer ARCO IRIS (www.asociacionecologistaarcoiris.es 21 horas), la presencia del Tal y como informó ayer ARCO IRIS ( www.asociacionecolo...

Xesús Vázquez Almuíña, chivo expiatorio do Goberno galego na primeira vaga da pandemia da Covid-19 premiado por Feijóo coa á presidencia do porto de Vigo

Podemos Galicia esixe ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que cese no inmediato de empregar organismos públicos como axencias privadas de recolocació...

45 buques participarán de la prospección del langostino

Se trata 35 congeladores y 10 fresqueros que operarán a razón de 3 buques por subárea completando así las 15 subáreas en las que se dividieron las áreas, delimitadas como...

La Guardia Civil detiene e investiga a 16 personas dedicadas al tráfico ilegal de angula europea

La Guardia Civil, en el marco de la Operación FAME, ha  detenido e investigado a 16 personas integrantes de cuatro grupos organizados dedicados al tráfico ilegal de anguila europea obtenida...

CGT explica una vez más al Gobierno español la urgente necesidad de reforzar y proteger el servicio de Salvamento Marítimo

En una reunión mantenida con Rafa Mayoral (Podemos), trabajadores de la Salvamar Pollux, con base en Valencia, reclaman incorporar tripulantes en las unidades de rescate CGT centra su lucha sindical en...

El Presidente Ilegal de las Cofradías de España Basilio Otero encubierto por Rosa Quintana vende el patrimonio de la FNCP y el dienro se lo lleva el secretario Gil de Bernave en forma de liquidació…

El Defensor del Pueblo Nacional lleva 3 años requiriendo a Basilio Otero, Presidnete ilegal elegido por jubilados entre ellos Evaristo lareo Viñas, Dimas, Esgleas, todo un cartel de personajes vinculados...

USC e a Universidade de Södertörn co organizan en Carril un taller internacional sobre a pesca de pequena escala

O taller reúne profesionais da pesca e do marisqueo así como persoal científico de catro continentes. Foto: Marcela Vázquez A Universidade de Santiago organiza estes días na localidade pontevedresa de Carril...