Ana Miranda, reclama que o goberno estatal cofinancie o saneamento integral da Ría do Burgo despois de que Bruxelas dera o visto bo

Información
09 Septiembre 2019
social youtube xornalgalicia   feed-image

 “Xa non hai escusas para que o Estado siga eludindo asumir a súa parte no financiamento da limpeza do Burgo”, subliña. Foto; La responsibilidad de Rosa Quintana como Conselleira do Mar se limita a dilapidar los fondos públicos destinados al saneamiento de las rías gallegas, en drones, videovilancia, foros y ejercicios de contaminación, todo ello desaprecido hasta el día de hoy y las rías ccda día que pasa peor.

Miranda lembra que xa en 2012 o BNG levou á Eurocámara o problema do saneamento do Burgo e incluso unha delegación de eurodeputados e eurodeputadas visitou a zona en dúas ocasións. “Pero desde entón os avances no saneamento foron mínimos e por iso a Comisión de Peticións, en xaneiro deste ano, decidiu manter aberta a reclamación sobre a limpeza desta ría”, sinala a portavoz nacionalista en Europa.

 

“Una vez que a Comisión Europea decidiu acceder á modificación dos criterios dos fondos FEDER, o goberno central ten que mollarse para acadar o financiamento completo que precisa a execución da obra”, salienta Ana Miranda, para quen “é inadmisible o desleixo de PP e PSOE ao longo dos anos”, pese as numerosas protestas da Confraría de Pescadores e da veciñanza do Burgo en defensa do saneamento e a súa participación na Comisión de Peticións da Eurocámara.

Iniciativas parlamentares

Precisamente a portavoz do BNG en Europa, ademais das súas intervencións na Comisión de Peticións, tense dirixido en diversas ocasións á Comisión Europea e desenvolto diversas iniciativas co obxectivo de conseguir avances no proxecto. Así, recorda que nas reunións celebradas en febreiro deste ano coa Comisión Europea confirmáronlle que o Estado non solicitara aínda os fondos que estaban dispoñibles a nivel europeo. E xa en marzo recibiu unha nova confirmación do executivo comunitario a unha pregunta parlamentar na que reafirmaban a ausencia da petición de fondos.

Ana Miranda salienta que o estado da ría do Burgo supón non só un gran problema medioambiental, senón tamén económico e laboral, xa que nesta ría chegaron a desenvolver a actividade extractiva máis de 2.000 mariscadoras, mentres que neste momento son 81 as persoas que se dedican a esta actividade. “É inaudito que seis anos despois da primeira visita da delegación do Parlamento Europeo a ría do Burgo segue sen dragado, sen retirar os lodos e sen analizar por que se produce esa excesiva sedimentación”, manifesta.

Administrar una empresa en la era digital puede parecer una tarea dificil, pero con las herramientas adecuadas, se convierte en un proceso manejable y hasta gratificante. La tecnología ha avanzado a...

Corría la noche del 14 de abril de 1912 cuando el Titanic sufrió su fatídico accidente. El barco, un buque “insumergible” de 269 metros de eslora y un peso de 46000 toneladas, zarpó con más de dos...

Las ventajas de contar con un buen software ERP son más que conocidas. Eficiencia, mejora en la productividad y ahorro de costes operativos son solo tres de ellas. Hacerlo posible gracias al Kit...

  AltaLingua cumple 17 años ofreciendo servicios lingüísticos integrales a todos los idiomas. AltaLingua trabaja desde 2005 con la visión de convertirse en una agencia de referencia en el...