Información

Se juzgarán a tres guardia civiles con destino en el puerto de Marín por contrabando de tabaco

Información
Diario Marítimo ; 11 Enero 2020

En la Sección quinta (sede en Vigo). Los Días 13, 14, 15, 16 y 17. P.A. 19/19. 10 horas. Contrabando de tabaco y falsedad en documento oficial. Se juzga a seis personas, entre ellas tres guardia civiles con destino en el puerto de Marín, quienes intervenían en operaciones comerciales de avituallamiento de buques en las que se servía tabaco. La Fiscalía sostiene que elaboraron un plan para disponer de tabaco y ponerlo en circulación sin satisfacer ninguna clase de aranceles ni impuestos. Para tres de ellos solicita cuatro años de prisión; y, para el resto, cinco años de cárcel. Procede del Juzgado de Instrucción nº4 de Vigo.

 

DICE O ESCRITO DE ACUSACION.-   1º) O acusado JC.G.C., maior de idade, do que non constan os antecedentes penais, traballou como responsable de administración e aduanas ata o ano 2012 na empresa EMS SS, S.A., (en adiante EM), que era titular dun depósito fiscal con CAE nº ES---07P na Zona Franca de Vigo dende o que se realizaba avituallamiento a buques, e dende aquela data pasou a desempeñar cargo similar na empresa PG S.C S.L.,(en adiante PR.), que tiña tamén outro depósito fiscal con CAE nº ES----6F na Zona Franca de Vigo con igual fin.

O acusado JJ.T.C., maior de idade e do que non constan os antecedentes penais, era comercial con contrato exclusivo para o porto de Marín da empresa EM ata o 24 de xuño de 2011, en que se xubilou, e a tamén acusada EE.T.V., maior de idade e da que non constan os antecedentes, traballaba con el como auxiliar administrativa para EM ata a súa xubilación, asumindo de facto as súas funcións dende ese momento aínda que el continuaba colaborando no día a día pese á xubilación, ata xuño de 2013 en que a acusada E. foi contratada por P.

Os acusados J.V.B., F.R.R. e A.B.P., todos eles maiores de idade e dos que non constan os antecedentes, son membros da Garda Civil que tiñan destino no porto de Marín nas datas que se referiran a continuación.

Dentro das ocupacións profesionais que eses postos supoñían, os acusados interviñan en operacións comerciais de avituallamento de buques nas que se servía tabaco procedente daqueles depósitos fiscais para o seu consumo pola tripulación dos barcos, operación exenta de aranceis e impostos, pois o acusado JC. xestionaba e asinaba grande parte da documentación aduaneira, o DUA de tránsito ou exportación (coñecido como declaración de entrepot), os acusados JJ. e E. interviñan na tramitación dos pedidos e na entrega física do tabaco e cobro das facturas, e os acusados axentes da Garda Civil controlaban a realidade da entrega e a corrección dos datos que figuraban na documentación, asinando un “visto para embarcar”.

Aproveitando esa circunstancia e postos dacordo os acusados, artellaron un plan para dispoñer de tabaco que poñer en circulación sen satisfacer ningunha clase de aranceis nin impostos, consistente en finxir inexistentes operacións de avituallamento nas que facían figurar como destinatarios da mercancía buques que non o eran en realidade e que en moitos casos estaban lonxe de Marín ou xa foran desguazados en data anterior á suposta entrega do tabaco, nas que o acusado JC. confeccionaba a documentación aduaneira a conciencia da súa inveracidade e os acusados E. e JJ. facían o propio e, ademais, asinaban coma se o tivesen feito os armadores dos buques en cuestión, mentres que os acusados J., F. e A. asinaban o correspondente “visto para embarcar” coma se tivesne comprobado que o tabaco fose realmente entregado ó barco que figuraba na documentación cando era incerto.

Deste xeito, todos ou algún dos acusados dispuxeron do tabaco que logo se concretará para vendelo fóra dos circuitos legales de comercialización dese xénero, sen que exista constancia de qué concreto destiño lle deron.

O detalle dos avituallamentos inveraces a que fixemos referencia, na súa meirande parte a nome de EMS como expedidor e a partir de xullo de 2013 de Pr, foi o seguinte:

- Buque Catrúa Dos, desguazado o 10-11-2011, da que era armadora Pesquera S.,S.L., e administrador JL.S.P., 12 supostos avituallamentos entre o 16-02-12 e o 14-02-13, por un total de 1.302 cartóns de tabaco.

- Buque Playa Montalvo (desguazado 20-07-10), armadora Pesquera LS,S.L. e administrador L.S.P., 13 operacións entre o 22-08-11 e o 21-01-13, por un total de 1.280,

-Buque Jesús del Gran Poder Dos (desguazado 11-03-11), armadores R.P.O. e JM.D.R., 14 operacións entre o 22-08-11 e o 08-03-13 por un total de 1.345 cartóns,

-Buque Varalonga (desguazado 19-11-12), armadora Pesquerías GP, S.A., administrador C.G.L., 1 avituallamento o día 15-10-13, por un total de 775 cartóns,

-Buque Lolo, embarcación atracada dende o 2009 ata o seu afundimento en 2010 no peirao de Cádiz, armadora Pescadería BPS, S.L, e administrador S.I.C., 6 operacións entre o 14-01-10 e o 12-07-13, por un total de 3.200 cartóns,

-Buque Portosanto, da mesama armadora e administrador, existen 26 avituallamentos entre o 28-04-11 e o 31-12-13, por un total de 600 cartóns, que o armador nega ter encargado en ningún caso.

-Buque Sipeche Dos, que se atopa en Mauritania dende 2008 sen ter retornado a Galicia, de Pesquera P. S.L, administrador JM.S.A., 5 avituallamentos entre o 24-06-11 e o 20-09-13, por un total de 2.500 cartóns,

-Buque Azzogui ex Mouta, armadora AP SL, administrador M.S.F., 6 operacións entre o 21-06-11 e o 12-11-13, que o administrador nega ter encargado en ningún caso, por total de 3.400 cartóns,

-Buque Bouso, da mesma armadora entre o 21-11-11 e o 12-11-13, 4 operacións, asi mesmo negadas polo administrador, por total de 2.575 cartóns,

-Buque King Fish, da mesma armadora, 6 operacións entre o 21-06-11 e o 19-09-13, tamén negadas polo administrador, por un total de 4.100 cartóns.

-Buque King Krab, da mesma armadora, 5 avituallamentos entre o 21-06-11 e o 20-09-13, por un total de 3.400 cartóns, igualmente negadas polo administrador,

-Buque Axexador, atracado dende agosto de 2012 ata o seu desguace en agosto de 2013, armadora Pesquera D. SL, administrador J.R.M., 7 avituallamentos entre o 21-06-11 e o 08-08-13 por un total de 2.750 cartóns, que, nos casos en que aínda navegaba son negados polo administrador.

-Buque Santo do Mar, da mesma armadora, entre 21-06-11 e 23-09-13, 7 operacións r, negadas polo administrador, por un total de 3025 cartóns,

-Buque Justino Ramalheira, desguazado o 20 de xaneiro de 2010, de Pesqueras GG y C.,S.L., administrador G.G.V., 27 avituallamentos entre o 14-07-11 e o 04-10-13, por un total de 2.232 cartóns e 48 brevas.

-Buque Carmen e Pilar, que non se atopaba no porto de Marín porque tiña base nas Palmas, de Pesca R. SL, administrador F.R.V., 8 operacións entre 24-06-11 e 23-09-13, por un total de 3.450 cartóns.

-Buque Golfiño, que estivo inactivo amarrado dende o 25-10-12, de R. S.L., administrador A.G.P., 11 operacións de entre 09-10-12 e o 16-11-13, por un total de 1.110 cartóns.

-Buque Portomayor, que deixou o porto de Marín en febreiro de 2013 sen retornar a porto español ata 2014, de P. SL, administradora MR.E.B., 5 avituallamentos, que no caso dos anteriores a aquela data son negados pola administradora, por un total de 3050 cartóns.

-Buque Mar Roxo, desguazado dende o ano 2009 e propiedade de M.A.F., 47 avituallamentos entre o 18-01-10 e o 05-10 13 por un total de 3.987 cartóns e 300 brevas,

-Buque Mar de Mares, vendida a unha armadora do Pais Vasco en maio de 2010 pola armadora O. Pesqueras SA e administrador E.S.P., 36 operacións entre o 20-07-10 e o 29-01-13 por un total de 2.491 cartóns,

-Buque Nuevo Bitácora, 43 operacións entre o 27-01-11 e o 26-06-13, por un total de 2.642 cartóns.

-Buque Lameiro Uno, de titularidade de F.L.G., 36 operacións, entre 26-01-11 e 27-09-13, por un total de 2550 cartóns,

Calculado o valor do tabaco obxecto das anteriores operacións ascendeu a 2.237.954 €..

En 31 casos a nome de EMS e 14 a nome de P. o importe do correspondente DUA excedía de 15.000 €, mentres que no resto das operacións, nas que cadansúa non rebasaba eses 15.000 €, o valor total do tabaco ascendía no caso dos avituallamentos a nome de EMS a 882.006 € e no caso de P. a 234.355 €.

Os dereitos arancelarios que se eludiron mediante esa operación ascenderon a un total de 5.631,55 €.

As cotas de Imposto das Labores do Tabaco defraudado ascenderon a un total de 1.411.808,50 € (1.089.375,76 € polos servizos a nome de EMS e 322.432,74 € polos serivzos a nome de P.), detallables anualmente do seguinte xeito:

- 42.486,29 € no ano 2010,

- 435.512,14 € no ano 2011,

- 496.381,72 € no ano 2012, e

- 114..995,22 a nome de EMS e outros 322.432,74€ a nome de P. no ano 2013.

Pola súa parte, as cantidades de IVA defraudado ascenderon a 354.009,69 € (265.368,28 a nome de EM e 88.641,41 de P.), co seguinte detalle anual:

- 9.741,25 € no ano 2010

-102.625,52 no ano 2011,

-121.466,43 no ano 2012 e

-31.535,08 a nome de EMS e 88.641,41 a nome de P. no ano 2013.

Basilio Otero, presidente ilegal de la FNCP "pilla" 18 mil euros de la Diputación de Lugo que se llevará su exmujer

BASILIO OTERO ES UN PRESIDENTE ILEGAL ASALTTÓ LA PRESIDENCIA D ELA FNCP CON JUBILADOS AÑOS ATRÁS, LA FIRMA DE GIL DE BERNAVÉ Y EL APOYO DE EVARISTO LAREO AUTOR...

Ánforas, datadas del siglo I, fueron halladas por los agentes en una inspección a un establecimiento de productos pesqueros congelados

La Guardia Civil, con la colaboración de la Consellería de Educación, Cultura y Deporte de la Comunidad Valenciana, ha recuperado 13 ánforas romanas posiblement...

Por qué son importantes las certificaciones en el trincaje de cargas

 Las empresas especializadas en trincaje de mercancías, consideran imprescindible realizar un estudio especializado de la carga, teniendo en cuenta la segu...

La flota asturiana va a seguir adelante con la campaña de la xarda

 30/03/2020 09:00:00   El Gobierno asturiano ha convocado al sector pesquero del Principado para analizar medidas compensatorias para el se...

En Suiza, unas 150 000 personas practican la pesca como actividad recreativa, pero hay solo 284 pescadores profesionales

El reloj marca las 4:30 horas cuando Henri Daniel Champier arriba a la lonja de su propiedad, en Clarens, un barrio de Montreux a orillas del Lago Leman. El pescador...

EL PUERTO DE VIGO ESTRENA UNA NUEVA CONEXIÓN MARÍTIMA CON MÉXICO

Nace fruto del acuerdo entre la naviera holandesa ‘Höegh Autoliners’ y GEFCO, operador logístico de PSA Peugeot Citroën El Presidente de la Autoridad Portuaria de Vigo, Ignacio López-Chaves, asistió esta mañana...

"Ofrenda al Mar en Panxón" en el día de la Virgen del Carmen, una burla institucional a las gentes de la Mar y las familias de los fallecidos

La procesión marítima de la Virgen del Carmen vuelve a los puertos españoles. Este año PLADESEMAPESGA rinde homenaje " in memorian " a los muchos fallecidos y representados por el...

Denuncian ante Pladesemapesga un ataque sin precedentes a los derechos de los pescadores en la Caleta de Vélez Málaga, mientras la Patrona Mayor va a Madrid a aplaudir a Sr Basilio Presidente de la …

La sede de la Plataforma en defensa del Sector Marítimo pesquero de Galicia esta recibiendo (UN ALUBIÖN DE DENUNCIAS Y QUEJAS continuadas contra la "NEFASTA GESTIÓN" de la Patrona Mayor de la...

El Ayuntamiento exige celeridad en la limpieza de playas del Mar Menor

El concejal del Área de Transparencia y Buen Gobierno, Participación, Descentralización y Festejos, Juan Pedro Torralba, ha pedido a la Demarcación de Costas y a la Dirección General de Medio...