As zonas peláxicas cobren a gran maioría da superficie da Terra e constitúen o maior ecosistema do planetaAs zonas peláxicas cobren a gran maioría da superficie da Terra e constitúen o maior ecosistema do planeta

O artigo no que toma parte o profesor da USC Andrés Baselga empregou rexistros fósiles para reconstruír patróns do pasado e realizar proxeccións futuras sobre a biodiversidade mariña global se continúa o actual escenario de emisións de CO2

 

O estudo empregou rexistros fósiles para reconstruír os patróns de biodiversidade oceánica global da última glaciación, hai 20.000 anos, e do período preindustrial antes de 1800. "Estes patróns foron empregados para construír modelos cos que realizar proxeccións da biodiversidade mariña global no futuro, concretamente en 2090", explica Baselga. Usando foraminíferos —un grupo de protistas ameboides— fósiles como "xanela" para ver os ecosistemas peláxicos pasados ​​a través dos seus ricos rexistros fósiles, os autores descubriron un descenso ecuatorial na diversidade durante o período preindustrial, que se agudizará de cara ao final deste século debido ao quecemento climático.

Emisións de CO2

O moderno declive da diversidade tropical comezou probablemente durante o quecemento do clima despois da última idade de xeo hai uns 15.000 anos. Con todo, a magnitude do declive proxéctase que será amplificada mediante o quecemento antropoxénico. A finais do século XXI, a diversidade tropical pode diminuír ata niveis non vistos durante millóns de anos se o futuro se aliña co actual escenario de emisións de CO2.

"Ao usar rexistros de fósiles descubrimos que o descenso da diversidade nas rexións ecuatoriais do océano é causada por cambios na distribución das especies como consecuencia do quecemento do océano despois da última idade de xeo", continúa Chih-Lin Wei, profesor da Universidade Nacional de Taiwán. As zonas peláxicas cobren a gran maioría da superficie da Terra e constitúen o maior ecosistema do planeta. É, asemade, fogar do plancto, que desempeña un papel chave na cadea alimentaria, fundamental para as especies depredadoras cada vez máis ameazadas polo cambio climático e con importantes consecuencias económicas.

"Estes vínculos claros entre o quecemento e a biodiversidade tropical reducida significan que a finais deste século, a diversidade oceánica no ecuador pode caer ata un nivel sen precedentes na historia humana", conclúe Derek P. Tittensor, profesor da Universidade de Dalhousie e tamén asinante do artigo.

Por qué son importantes las certificaciones en el trincaje de cargas

 Las empresas especializadas en trincaje de mercancías, consideran imprescindible realizar un estudio especializado de la carga, teniendo en cuenta la segu...

La flota asturiana va a seguir adelante con la campaña de la xarda

 30/03/2020 09:00:00   El Gobierno asturiano ha convocado al sector pesquero del Principado para analizar medidas compensatorias para el se...

O TSXG avala a legalidade dos recheos do porto de Marín

A sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) resolveu nun auto que non se debe retirar ningún reche...

Unidades de Ferrol realizan adiestramiento en la mar durante los ejercicios MARFEX-01

Durante los días 5 y 6 de febrero, buques pertenecientes al Mando de la Fuerza de Acción Marítima en Ferrol (MARFER) han desarrollado ejercicios conjuntos en la...

A Fundación Biodiversidade apoia na súa última convocatoria de achegas á I+D+i un proxecto do Campus Terra da USC para o cultivo e a conservación do mexillón de río

Exemplares adultos de M. margaritifera, no seu medio natural A Fundación Biodiversidade, dependente do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, apoia na súa última convocatoria de...

IV Limpieza de Fondos Marinos Universidad de Málaga-AUAS en la playa de Pedregalejo (junto a Astilleros Nereo).

La iniciativa está organizada por el Vicerrectorado de Smart Campus y la Asociación Universitaria de Actividades Subacuáticas El Vicerrectorado de Smart Campus, junto con la Asociación Universitaria de Actividades Subacuáticas de...

Comenzaron a descender las capturas de langostino en el paralelo 42 lo que podría incrementar el precio en los mercados internacionales

De acuerdo a los partes de pesca  y al aporte brindado a M&P por armadores de algunos barcos que operan sobre el langostino en el paralelo 42 , las capturas...

Kick off Presentación y Avances del proyecto “Promoción de la mejora de las competencias profesionales, ligadas el ámbito marítimo-pesquero”.

 El proyecto, que se desarrollará a lo largo de 12 meses, surge de la necesidad de adaptar las capacitaciones, habilidades y conocimientos de directivos y técnicos que desarrollen sus ocupaciones...

Brigadas de socorristas reanudaron hoy la búsqueda de posibles sobrevivientes luego de que una embarcación desapareció el sábado con más de 100 personas a bordo en una zona próxima a la isla ind…

Según informaron las autoridades, los rescatados suman 39, algunos de ellos salvados luego de agarrarse de boyas y trampas pesqueras durante horas hasta que llegó la ayuda.