Imprimir
Categoría: Actualidad

OS SOCIALISTAS ACUSAN Á XUNTA DE “AFOGAR AO SECTOR DA PESCA”

Información
Actualidad 20 Marzo 2018
social youtube xornalgalicia   feed-image

Loli Toja alerta da sangría de traballadores do mar pola falla de apoio do goberno galego, que deixa de pelexar cotas de pesca, deixa de executar orzamentos e retira o apoio á comercialización

 

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 18. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, acusou hoxe á Xunta de “afogar ao sector” da pesca, nunha situación “no que cada vez menos persoas poden vivir do mar, e no que os armadores non poden aguantar moito máis”. Así o dixo na comparecencia da conselleira do Mar para dar conta diante do Pleno do Parlamento da situación da comercialización da pesca en Galicia, logo de que a conselleira admitira unha “débeda pendente” neste aspecto.

A responsable socialista criticou a falla de apoio do goberno galego a un sector que “nos últimos anos perdeu máis de 4.000 afiliados ao réxime do mar” e que coas 136 que recuperaron en 2017 “tardariamos máis de 30 anos en recuperar o nivel de 2008”. Alertou de que hoxe hai “máis de 4.000 barcos nos que non está garantida a continuidade”.

Toja sinalou a falla de interese do Executivo autonómico por executar os orzamentos para a mellora da calidade produtiva pesqueira e da acuicultura, deixando sen investir a metade do orzamento dispoñible nese programa, o que supón en torno a 733 millóns de euros nun só ano.

Mentres, o goberno galego deixou de pelexar polas cotas de pesca, deixando ao sector sen capacidade de aumentar as capturas e abocado á desaparición, e sinalou o desleixo do goberno galego á hora de repartir as cotas de sardiña, deixando a Galicia un apenas 2.800 toneladas para 300 barcos. Este reparto suporía 2.000 quilogramos por cada barco durante 3 meses, o que supón “16 euros ao día, non creo que lles dea nin para o gasoil”.

Ademais, reivindicou os selos de calidade como vía para competir con países de fora da UE, e acusou á Xunta de “deixar morrer” marcas como PescaDeRías, “nacido para asegurar que a información chegaba dende a lonxa ao prato”.