Imprimir
Categoría: Actualidad

A caravana pola acuicultura impulsada pola Rede Inmunogenom pon en valor a importancia do sector en Galicia

Información
Actualidad 25 Octubre 2018
social youtube xornalgalicia   feed-image

A caravana pola acuicultura impulsada pola  Rede de Investigación e Transferencia en Acuicultura Inmunogenom, unha plataforma de autonómica que agroma unha decena de grupos de investigación da USC coordinada polo catedrático de Xenética da USC Paulino Martínez, posibilitou que este mércores visitara diversos enclaves de cultivo e produción de moluscos (ameixa, berberecho e mexillón) da costa galega unha comitiva dispar produtores, comercializadores, consumidores, hostaleiros, xornalistas, divulgadores e investigadores.

 

O obxectivo desta iniciativa, que acadou un elevado éxito de participación, non é o outro que de dar a coñecer de primeira man como é o proceso de cultivo e comercialización dos moluscos, ademais de incidir na importancia da seguridade sanitaria asociada a estas producións, segundo indicou Martínez, quen lembra que a procura de solucións innovadoras no control sanitario do sector acuícola en Galicia figura entre os cometidos da Rede Inmunogenom.

 

A xornada incluíu un amplo abano de actividades, que van desde charlas, entrevistas con diversos representantes do sector produtivo e investigador, visitas a diversos modelos de cría e produción de moluscos e mesmo a degustación dos propios produtos mariños. Deseñamos un programa ambicioso para sensibilizar sobre a relevancia da acuicultura, comentou Paulino Martínez, ao tempo que subliñou a calidade e as bondades das producións mariñas, “unha alternativa sostible co aumento da poboación humana que debe ir sempre asociada á seguridade”.

 

A relevancia da acuicultura para o mantemento de poboación nas localizacións costeiras de perfil rural en Galicia, a crecente incidencia na economía e creación de riqueza, constitúen outros dos aspectos que reforzan o valor da acuicultura e que aconsellan, ou cando menos, animan a investir na mellora das producións e na súa sustentabilidade a través da investigación, engadiu este científico.

 

 

A rede Inmunogenom está financiada a través do programa de Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema Universitario Galego, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i habilitado pola Xunta de Galicia.

 

Programa da xornada

As persoas que tomaron parte na caravana pola acuicultura promovida pola USC a través da Rede Inmunogenom fixeron a súa primeira parada nas instalacións da Confraría de Pescadores de Cambados, onde tiveron a ocasión de participar en diversas charlas sobre cultivo de ameixas e berberechos, así como de mexillón, unhas sesións impartidas polo responsable de Asistencia Técnica da citada confraría, Juan Carlos Mariño Balsa, e pola responsable do departamento de I+D do Consello Regulador do Mexillón de Galicia, Ángeles Longa Portabales.

 

De seguido, a comitiva desta caravana pola acuicultura tivo a ocasión de visitar o banco de produción de moluscos infaunales de O Sarrido, para logo completar un percorrido en catamarán, durante o que puideron observar de preto bateas de pre engorde de semente de berberecho e ameixa para repoboación de bancos marisqueiros, bateas de engorde de mexillón e de ostras. Unha degustación destes produtos serviu de colofón da xornada.