Imprimir
Categoría: Actualidad

A marteiliosis do berberecho e a neoplasia diseminada centran o primeiro ‘Xantar Biocientífico’ de BioReDes

Información
Actualidad 08 Abril 2019
social youtube xornalgalicia   feed-image

Participantes no primeiro Xantar Biocientífico organizado por BioReDes no edifico Cactus do campus de Lugo

A investigación ao redor de dous problemas sanitarios no berberecho en Galicia de gran impacto socioeconómico e científico centrou este venres no edificio Cactus do campus do campus de Lugo a primeira sesión dos ‘Xantares Biocientíficos’, un programa de debate e intercambio de coñecemento promovido pola agrupación estratéxica de investigación do Campus Terra da USC para Xestión e Produción Sostible de Bio-recursos (BioReDes) pretende dar visibilidade a cuestións científicas de especial interese polo seu impacto social, económico e ambiental, así como polo seu nivel de innovación.

 

A primeira parte da charla centrouse na marteiliosis, unha enfermidade parasitaria causante dunha elevada mortalidad no berberecho e é a principal causante da redución drástica da poboación de berberecho na ría de Arousa, un dos bancos máis produtivos de Galicia deste bivalvo.

 

 

A outra enfermidade que presentou o coordinador da área de Patoloxía do Centro de Investigacións Mariñas da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, Antonio Villaba, e que suscitou un gran debate foi a neoplasia diseminada, un tipo de cancro que lembra a leucemia e afecta a diferentes especies de moluscos, incluídos os berberechos. Este tipo de cancro se caracteriza pola transmisión entre diferentes especies de células cancerosas liberadas á auga por individuos enfermos e que logo se introducen e proliferan en individuos sans.

 

Divulgación científica

O programa ‘Xantares Biocientíficos’ está concibido como un seminario de divulgación científica de periodicidade mensual. A nova iniciativa de BioReDes presenta unha estrutura dinámica e divulgativa, dado que aspira a converterse dun foro aberto e accesible a investigadores non especialistas na temática. Daquela, as sesións programadas no marco deste ciclo e que se desenvolverán o primeiro ou o segundo venres de cada mes, comezarán cun relatorio curto, cunha duración aproximada de 30 minutos, a cargo dun investigador convidado o de calquera membro da agrupación, tralo que se abrirá un debate. O obxecto último desta actividade,  non é outro que o de construír un espazo informal de análise e intercambio de ideas e coñecementos que sirva de alicerce para futuras colaboracións.