Imprimir
Categoría: Actualidad

Regalan mais de 1.500 pulseiras identificativas para "marcar menores nas praias"

Información
Actualidad 16 Julio 2019
social youtube xornalgalicia   feed-image

O Concello iniciou a distribución de 1.500 pulseiras identificativas para nenas e nenos nos areais vigueses para minimizar o tempo de busca dos cativos que se perden. Con ese obxectivo, na pulseira figura o nome do menor e un número de teléfono de contacto. 



O alcalde explicou que se trata dun sistema "útil, que para os nenos é un adorno, un xogo" e que axudan ás familias nun momento de "shock" cando perden de vista aos seus cativos. Caballero salientou a redución no número de nenas e nenos extraviados nos últimos anos nas praias do Concello. Así, en 2014 foron 156 menores, en 2015 114 menores, 90 en 2016, 77 en 2017 e 88 en 2018, namentras este último domingo, perdeuse un neno. 

As pulseiras poden solicitarse de forma gratuíta no servizo municipal de salvamento e socorrismo de Samil e en tódolos postos de socorrismo das praias de Rodas, Figueiras (Illas Cíes), Fortiñón, Canido, Vao, Fontaíña, Samil, Argazada, Tombo do Gato e A Punta.