Plademar denuncia a falta de respostas da Consellería do Mar na Ría Noia, e a escaseza de ameixa sen que ninguen tome cartas no asunto.

Información
Actualidad 27 Septiembre 2019
social youtube xornalgalicia   feed-image
Numerosos socios e socias de Plademar expresáronnos a súa preocupación pola crecente escaseza de ameixa fina e babosa na ría de Noia, que, segundo nos din tamén, parecer ser máis preocupante cada ano que pasa.
Desde Plademar dirixímonos á Confraría de Noia, á Consellería do Mar e a Intecmar para perguntar se se está facendo algún estudo sobre as posibles causas da redución destas especies de ameixas.
Pola nosa parte, desde Plademar amosamos a nosa preocupación porque a Confraría hai anos que non sementa ameixa, cousa que se se tiver feito, agora podería paliar os efectos desta mingua até que se achase o motivo da mesma e poidera solucionarse.
A mesma Confraría construiu un viveiro hai anos para poder desarrollar crías de berberecho e ameixa e logo sementalas sen necesidade e tamén sen o risco de ter que compralas noutra ría, o cal podería levar a que viñeran con algunha praga que podería prexudicar os nosos bancos de marisco. Mais o problema aquí reside en que o criadeiro da Confraría leva fechado desde hai anos. O Cabido da Confraría dixo en decembro de 2016 que a sua intención era a de reabrir as instalacións e voltar a utilizalo, desexo que foi expresado máis tarde en diversas ocasións. Polo momento o viveiro segue fechado. Lamentablemente parece que teremos que seguir agardando.
Tamén desde a plataforma Plademar de novo facemos un chamamento a todas a confrarías da nosa ría para que se sumen ao sistema de venda online que está a promover a Xunta de Galicia. Este programa e a súa implantación resultará totalmente gratuíto para todas aquelas lonxas que queiran utilizalo. Sobra decir que este sistema fai moito máis competitivas as poxas, redundando nun maior incremento dos prezos de calquer produto do mar.
Outra demanda que recollemos do colectivo de mariscadores e mariscadoras é a consecución dun laboratorio, moi necesario para servizo da Confraría de Noia. Isto faría que se poidera levar a cabo un seguimento máis rigoroso na análise das augas da ría, sen ter que contratar os servizos de laboratorios privados, máis costosos e menos eficientes.
Estas dúas últimas cuestións, Plademar lévaas demandando desde hai bastante tempo segundo afirma seu presidente Pablo Silva