O Instituto de Acuicultura participa na creación dun laboratorio transfronteirizo de excelencia en biotecnoloxía mariña

Información
Actualidad 26 Diciembre 2019
social youtube xornalgalicia   feed-image

En Minho reuníronse representantes das sete entidades e institucións implicadas

O Instituto de Acuicultura da USC participa no proxecto BlueBiolab, cuxa finalidade será a creación dun laboratorio transfronteirizo de excelencia científica en biotecnoloxía mariña e que permita avanzar na opimización do uso de infraestruturas de investigación. O seu traballo estará orientado a dar resposta a algúns do grandes retos aos que se enfronta a sociedade e o medio ambiente a través do estudo dos recursos mariños prestando especial atención a súa explotación sustentable. O proxecto está incluído no Programa Interreg V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 co financiado con fondos FEDER.

 

Ademais da optimización e fortalecemento das infraestruturas de investigación, BlueBiolab permitirá captación e formación de  novo persoal investigador, buscando a mobilidade entre centros de excelencia da área de cooperación, así como crear redes de coñecemento conxunto con potencial de transferencia ao sector produtivo e maior capacidade de proxección máis alá das fronteiras do territorio.

A Universidade de Minho acolleu a celebración da primeira reunión de seguimento do proxecto na que participan sete entidades galegas e do norte de Portugal: as tres universidades galegas e a do Minho, o Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC , o Instituto Español de Oceanografía e o Centro de Investigaçao Marinha e Ambiental-CIIMAR.