O Val Miñor aposta polas praias seguras coa contratación de 22 socorristas

Información
Actualidad 17 Julio 2020
social youtube xornalgalicia   feed-image

Baiona y Nigrán dicen adiós a los socorristas con las playas a ...Un total de 22 socorristas vixiarán os areais do Val Miñor nunha aposta dos concellos miñoranos por garantir a seguridade das e dos bañistas durante a época de verán.

O alcalde de Baiona e presidente da Mancomunidade de Municipios do Val Miñor, Carlos Gómez, subliñou o feito de que este reforzo en materia de seguridade marítima “non se tiña conseguido dende, polo menos catro ou cinco anos” polo que da boa conta da xestión realizada, nesta materia, polos tres concellos.

Ese reforzamento en materia de salvamento, tradúcese tamén no feito de contar tamén con quendas de vixilancia ao 100 % dende o mar, o que supón “unha maior tranquilidade para todos os usuarios e usuarias dos areais do Val Miñor”, conclúe Carlos Gómez.