DÚAS MEDALLAS NO CTO GALEGO DE AUGAS ABERTAS

Información
Actualidad 15 Septiembre 2020
social youtube xornalgalicia   feed-image

13 de setembro oito deportistas do Club Natación ArteixoEste domingo 13 de setembro oito deportistas do Club Natación Arteixo participaron no Campionato Galego de Augas Abertas, en Pontevedra, no Encoro de Pontillón do Castro.

Fixo un día espectacular, con boa temperatura da auga, polo que non se nadou con neopreno. Comezou a representación arteixana a primeira hora da mañán con Jaime Carrodeguas, nadador Máster que acadou o 4º posto da súa categoría. Ás 12 sairon as categorías Infantil, Junior e Senior. A organización do evento foi impecable, o que axudou a que os participantes fixeran o seu percorrido de 2000 metros coa máxima seguridade.

 

A competición foi contra reloxio, saindo tódolos deportistas con 20”. As participantes femininas do CNA acadaron postos de medallistas, Paula Otero foi ouro Junior-1 e Alba Gómez prata Senior. Os representantes masculinos, todos de categoría Junior-1 foron: Miguel Á. Gómez 18º, Manuel Ruibal 22º, Javier Carril 23º, Cristian González 24º e Daniel Capelán 25º.

Esta competición clausura a tempada de Augas Abertas e abre paso á ilusión de que coas debidas precaucións poidamos arrancar a tempada competitiva de natación 2020-2021.