O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) non actuou coa dilixencia debida na detección dunha marea vermella

Información
Diario Marítimo ; 30 Septiembre 2020

Non sexas pirata! xa me encargo eu, un gran vertido de purín por falta de  control e inspeciones contamina la desembocadura del río Eo... ¡ viva el  vino ! dice Rajoy en

No ano 2017 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia fallou que o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) non actuou coa dilixencia debida na detección dunha marea vermella do principio da campaña do ano 2013. Neste caso a ría non se pechou a tempo, cousa que provocou que os mariscadores foran ao mar, venderan o produto,  e que ese produto vendido finalmente fora devolto ou destruído polas conserveiras. Todo iso provocou que a Cofradía tivera que devolver o diñeiro do produto vendido ás empresas. Foron unhas perdas de 400.656€, que a Confraría reclamou, como non podía ser doutro xeito. Todo isto pola ineficiente xestión do Intecmar.
Pero iso non foi unha anécdota. Non era a primeira vez que o Intecmar chegaba tarde, nin foi a última.
 
Esa sentenza de TSXG obligaba á Consellería do Mar a indemnizar ao pósito de Noia por considerar que o Intecmar avisou moi tarde da presencia da toxina e considerou que non extremou as precaucións e que non actuou coa dilixencia debida.
Seguramente debido a esa sentencia do 2017 a Xunta anunciou pouco despois que o Intecmar traballaba nunha investigación a tres anos  vista, e cun presuposto de 153.000€, para aplicar un método químico de análise de toxinas lipofílicas e para poder adiantarse ás emerxencias.
3 anos despois dese anuncio nada se sabe desa investigación.
 
Precisamente esta semana que pechou a ría pola presencia da toxina tivo que ser o laboratorio privado contratado pola Confraría o que detectase esa toxina, xa que aparte de todo o relatado anteriormente e da sentencia do 2017 o Intecmar segue sen traballar o domingo e os mariscadores temos que ir ó luns a traballar sen saber oficialmente se hai toxina o non. O servicio de laboratorio o temos que pagar dous veces (unha con diñeiro público e outra con diñeiro dos mariscadores a través da Confraría ) pola deficiente xestión do Intecmar.
 
Desde Plademar consideramos que tense que invertir máis na prevención e na investigación e que ten que mellorar moito a eficiencia do Intecmar. Tamén consideramos que este organismo debería tomar mostras e analisalas o domingo para que os mariscadores poidamos ir ao mar os luns coa seguridade de que o produto que collemos cumpra con todas as garantías sanitarias e non teñamos máis episodios como os ocorridos ata agora.
 
"Por todo o relatado a plataforma de mariscadores Plademar Muros-Noia acudiu ao Valedor do Pobo que se faga eco deste problema e inste ás autoridades a arreglar todas as deficiencias que tanto nos prexudican"

campana_de_propinas