
Hoxe non fomos a traballar, outra vez, porque o Intecmar non quere tomar mostras os domingos.
Nos, por responsabilidade sanitaria, NON convocamos unha concentración polo estado que estamos vivindo. Aínda que os feitos non son para menos.
Por responsabilidade pedirémoslle unha reunión á Conselleira do Mar Rosa Quintana para que solucione o problema mentres seguimos á espera da resposta da Valedora do Pobo sobre este problema.
Non podemos permitir que unha decisión política que se podería solucionar nuns dias nos prohiba de poder ir a traballar cando as condicións da ría o permiten, como mostraron os análises do laboratorio privado.