Presentarán Coruña Marítima esta semana en Nova York

Información
19 Noviembre 2025 Agenda Imprimir Correo electrónico Compartir en redes sociales

P Suceso 1453906111744 1099934327828 1200 1280 U d362f4997a299b8c20f60ea415e86UN equipo desplazado a EEUU presentarán o vindeiro venres 21 de novembro en Nova York o proxecto Coruña Marítima como exemplo de colaboración institucional para o desenvolvemento da fachada marítima da cidade. 

Coruña Marítima foi seleccionada para participar como caso de éxito na Conferencia Mundial da Asociación Internacional de Cidades e Portos como exemplo de colaboración pública e de participación cidadá.  

A conferencia, que se celebra en Nova York dende o 19 de novembro baixo o título  «Navegando o cambio: innovando nos portos, nas cidades e no clima», abordará como as cidades portuarias están respondendo aos retos globais como o cambio climático, a transición enerxética, a gobernanza inclusiva ou a resiliencia urbana.

A alcaldesa e o presidente da autoridade portuaria explicarán conxuntamente o modelo de gobernanza de Coruña Marítima como exemplo de colaboración institucional, e darán a coñecer o proceso participativo que se desenvolveu na cidade de forma previa á licitación do Master Plan que definirá o futuro da cidade. Tamén abordarán en detalle as bases estratéxicas do proxecto que darán lugar ao redeseño da fachada marítima interior da cidade- 

Nesta conferencia poñeranse en común as estratexias para crear cidades portuarias resilientes, compartiranse casos de éxito de mobilidade sostible e integración urbana-portuaria e analizaranse en detalle proxectos innovadores que se están a desenvolver en Nova York e en outras cidades de Canadá ou Países Baixos. 

Entre os ponentes destacan Sarah Kapnick - Experta en clima e finanzas ou Andrew Kimball CEO da New York City Economic Development Corporation (NYCEDC) que explicarán as iniciativas de integración urbana, sustentabilidade e innovación portuaria que se están a desenvolver na cidade de Nova York.

Encontro con profesionais da Coruña

A alcaldesa e o presidente da autoridade portuaria aproveitarán a visita para manter un encontro de traballo con coruñeses e coruñesas que están a desenvolver a súa actividade profesional na cidade nortamericana. Deste xeito poderán compartir os retos de futuro da  cidade con perfís como Susana Martínez-Conde -Profesora na Universidade Estatal de Nova York, especialista en oftalmoloxía e neuroloxía-, Juana Fernández -Enxeñeira en Microsoft e galega recoñecida entre as 100 mulleres máis influentes de Galicia-, Sandra Barral -Investigadora en xenética e Alzheimer na Universidade de Columbia-, Vera García Outeiral -Posdoutoral en Columbia, traballa en terapias para carcinoma hepatocelular-, Álex Maroño Porto -Xornalista, editor asociado en The Atlantic- ou Sergio Pardo López -Arquitecto no Departamento de Asuntos Culturais da Cidade de Nova York-.

social youtube xornalgalicia   feed-image