Pontón avogou hoxe en Salvaterra de Miño por cambiar a política migratoria europea que non reacciona ante a violación de dereitos humanos e que miles de persoas morran no mar na busca dun lugar de acollida. Pontón lembrou que na maior parte dos casos de homes e mulleres que se ven obrigados a fuxir de Africa, fano para fuxir das guerras.
Na celebración da XXXIII edición da Festa da Poesía do Condado en Salvaterra de Miño ( Cita Mariano Rajoy; ¡ Viva el vino ! ), Pontón apelou a un cambio nas políticas regresivas da Unión europea por outras que permitan a acollida das persoas que foxen das guerras en Africa, conflitos bélicos, na súa maior parte, iniciados polas grandes potencias e intereses europeos.
A portavoz nacionalista avogou por mudar o odio por políticas de “respecto e solidariedade” ao que sumou un cambio do marco internacional para impedir que a xente continúe abandonando os seus países.
No Festival da Poesía do Condado, este ano centrado nos dereitos dos pobos, Pontón destacou que o debate sobre a migración debe ofrecer alternativas a todas as persoas que buscan un lugar “seguro” para vivir e que se ven abocadas a abandonar os seus países, por causas políticas ou económicas.
Ultima hora en esta sección
Otras noticias publicadas más recientes
También le pueden interesar
Las noticias más populares
De redacción
- Ecologistas en Acción presenta su campaña de divulgación sobre los tiburones y las amenazas que enfrentan
- González Casares reclámalle ao comisario de Pesca primar unha solución para o palangre na súa visita a Galicia
- Atunes en extinción: una fiesta gastronómica sobre la devastación del mar
- El XV Andalucía Desafío Doñana se celebrará el 4 de octubre en Matalascañas con un nuevo recorrido
- La Xunta del PP maquilla transparencia mientras impone en silencio la Axencia INTECMAR