Información
Enviar por ; Correo electrónico

ESQUERDA UNIDA MANIFESTA O APOIO ÁS REIVINDICACIÓNS LABORAIS DOS TRABALLADORES DA INDUSTRIA AUXILIAR DO NAVAL EN FERROL

Información
Diario Marítimo ; 20 Octubre 2017 ; 592 visitas
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Os traballadores das compañías auxiliares do naval son, de novo, os máis perxudicados dentro do estaleiro público de Navantia, que segue a defender a perpetuidade da precariedade laboral dos seus traballadores, e continúa sen cumprir os acordos asinados no ano 2001 e ratificados no ano 2006 coa industria auxiliar.

 

As reivindicacións lexítimas dos traballadores esixen melloras laborais así como o cumprimento dos acordos tomados hai case 20 anos e que non chegaron a aplicarse nunca.

Dende Esquerda Unida consideramos que a connivencia de Navantia S.A. para coas empresas auxiliares en detrimento dos traballadores é inaceptable, como tampouco o son as ameazas verquidas pola dirección de estaleiro público tratando de responsabilizar aos traballadores desta situación de paro ante a lexítima mobilización que están a levar a cabo en defensa dos seus dereitos.

Desde Esquerda Unida esiximos a mellora das actuais condicións laborais dos traballadores da industria auxiliar, acorde co que xa está asinado, así como a recuperación dos dereitos laborais gañados hai case 20 anos e que non se respetan na actualidade.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....