Vilagarcía presenta unha iniciativa para desestacionalizar o turismo a través da cultura marítima

Información
Portada 20 Febrero 2018
social youtube xornalgalicia   feed-image

O Concello de Vilagarcía presentará ao Grupo de Acción Local Pesqueira (GALP) un proxecto para aproveitar o recurso que supón a cultura marítimo pesqueira da zona para desestacionalizar o turismo. A proposta, compartida cos concellos de Cambados, Sanxenxo e Cangas, consiste na organización dun programa de actos lúdicos e culturais relacionados coa temática mariñeira a desenvolver en tres xornadas consecutivas co obxectivo de atraer visitantes ás respectivas localidades fora da temporada estival. Para desenvolver esta iniciativa, cada Concello solicitará ao GALP unha subvención de 57.400 euros para financiar o 100% do custe do proxecto.

 

Vilagarcía acordou na súa reunión de hoxe solicitar á devandita axuda ao GALP co obxectivo de desenvolver a proposta que persegue promover unha oferta turística propia e diferenciada, baseada na identidade dos municipios costeiros e en beneficio dos mesmos. Para elo prevese a organización de actos lúdicos, culturais e de promoción dos produtos marítimos típicos da zona.

O programa que acompaña á proposta da axuda inclúe dende actuacións musicais , a degustacións gastronómicas, pasando por charlas e exposicións fotográficas de carácter etnográfico, ata visitas e obradoiros medioambientais. Tamén se prevé a realización de showcookings e obradoiros de cociña para nenos. Todo relacionado co mar, a costa, as nosas costumes e tradicións da zona e as prácticas directamente ligadas coa vida e o traballos de mariñeiros e mariscadores.

A idea é que esta proposta se desenvolvera fora da temporada estival propiamente dita co obxecto de desestacionalizar a oferta, e durante unha fin de semana completa en cada municipio, de modo que o programa sirva como atractivo para atraer visitantes que opten por quedarse os tres días na zona