A Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo leva anos reclamando solucións, non tendo constancia de onde estan ou forn os cartos europeos destinados a recuperación dos bancos marisqueiros da zona.

Información
Portada 31 Julio 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image

defensariadoburgoCada día e ano que pasa as  principais vítimas da contaminación na Ría do Burgo, os colectivos de mariscadores e mariscadoras, están máis  sumidos na miseria económica e cada día máis comidos polos lodos e o medre da improdutividade dos bancos marisqueiros. Esiximos actuacións inmediatas do Estado e da Xunta no camiño de restabelecer os convenios existentes até hai uns anos coas agrupacións de mariscadores e mariscadoras para labores de rexeneración,  mentres non poidan desenvolver con normalidade a actividade marisqueira.

A Plataforma en Defensa da Ría do Burgo e os veciños/as da comarca da Coruña levamos anos reivindicando solucións ante o grave deterioro da Ría do Burgo e das consecuencias negativas que ten no medio ambiente, na economía e no marisqueo.

Precisamente por iso, nun momento de crise económica como o actual, atender as necesidades da Ría do Burgo implica non só unha inaprazábel necesidade medioambiental, senón tamén unha aposta pola economía produtiva, polo  potencial da ría como motor da reactivación económica da comarca e pola súa capacidade xeradora de emprego. A Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo leva anos reclamando solucións, non tendo constancia de onde estan ou forn os cartos europeos destinados a recuperación dos bancos marisqueiros da zona.++