Imprimir
Categoría de nivel principal o raíz: Especiales
Categoría: Caladeros
Visto: 3542
Información

Os socialistas denuncian o trato descriminatorio polos gobernos do PP a cota do bocarte

Información
Diario Marítimo ; 18 Agosto 2015 ; 3542 visitas
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

43340fotoOs oacordos do goberno do PP permiten que o cota de bocarte marche para Portugal e Andalucía e favorezca o peche da flota galega ante a pasividade de Rosa Quintana e da Xunta.

Si se fixera unha MAMANDURRIA, xornada ou foro a titular galega (Rosa Quintana) sería a primeira en apuntarse, pero ante a falta de chiringuito se encontra desaparecida e a mecerd dos acontecementos.

 

Grupo dos Socialistas de Galicia presentou unha batería de iniciativas nas que lle esixe á Xunta que se dirixa ao ministerio (MAGRAMA) para que, “de xeito inmediato dispoña para os barcos galegos de cerco da CIEM IX A a cota suficiente de bocarte para que poidan manter a súa actividade”, ben sexa “asumindo o compromiso adquirido no seu día polo secretario xeral do ministerio de poñer máis cota ou ben acudindo ao mecanismo de flexibilidade que permite traspasar ata un 10 % da cota do ano seguinte”, segundo explica o voceiro de Pesca, José Ramón Val Alonso.

Val Alonso censura que “a irrisoria cota de bocarte da que dispón a flota galega” na zona CIEM IX A “está a causar uns importantes prexuízos aos barcos galegos de cerco, que levan xa varios anos sufrindo un trato totalmente discriminatorio por parte do Goberno do Estado”. Galicia dispón do 1,14 % do total da cota desta especie para a zona CIEM IX A, “unha cantidade totalmente insuficiente que na práctica ten suposto o peche da pesquería desde o pasado mes de febreiro do ano en curso”, xa que “dos últimos intercambios que o Goberno español realizou co Goberno portugués, a Galicia únicamente lle corresponderon 12 toneladas fronte as 1.100 toneladas que marcharon para Andalucía, e todo isto diante dun Goberno galego totalmente impasible e submiso”, denuncian os socialistas.

O deputado lembra que “o anterior secretario xeral de Pesca do MAGRAMA asumira no seu momento a posibilidade de flexibilizar e poñer a dispor do sector máis cota se chegado o momento fose preciso”, compromiso que a día de hoxe non se ten materializado. Nas diferentes iniciativas parlamentarias, os socialistas preguntarán que xestións ten feito ata agora o goberno galego e que medidas pensa tomar ante unha situación crítica para o cerco.

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamañoCreado
Descargar este archivo (39557-INT Aumento cota bocarte CIEM IX A.pdf)39557-INT Aumento cota bocarte CIEM IX A.pdf 124 kB2015-08-18 13:35
Descargar este archivo (39558-PNP Aumento cota bocarte CIEM IX A.pdf)39558-PNP Aumento cota bocarte CIEM IX A.pdf 160 kB2015-08-18 13:36
Descargar este archivo (39559-PNC Aumento cota bocarte CIEM IX A.pdf)39559-PNC Aumento cota bocarte CIEM IX A.pdf 160 kB2015-08-18 13:37
Descargar este archivo (39560-POP Aumento cota bocarte CIEM IX A.pdf)39560-POP Aumento cota bocarte CIEM IX A.pdf 122 kB2015-08-18 13:36
Descargar este archivo (39561-POC Aumento cota bocarte CIEM IX A.pdf)39561-POC Aumento cota bocarte CIEM IX A.pdf 124 kB2015-08-18 13:36
Descargar este archivo (39562-PRE Aumento cota bocarte CIEM IX A.pdf)39562-PRE Aumento cota bocarte CIEM IX A.pdf 124 kB2015-08-18 13:36