OS SOCIALISTAS ACUSAN Á XUNTA DE ABANDONAR ÁS CONFRARÍAS NA LOITA CONTRA O FURTIVISMO

Información
Cofradias 04 Julio 2017
social youtube xornalgalicia   feed-image

Julio Torrado censura a falla de medios contra os furtivos por parte do Executivo, que “quere soltar lastre e botarlle os problemas enriba das confrarías”

Santiago de Compostela, 04 de xullo de 17. O portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, criticou hoxe o “abandono” do goberno galego na loita contra o furtivismo no marisqueo, deixando ás confrarías “solas” co problema. O responsable socialista presentou, na Comisión de Pesca celebrada hoxe, unha pregunta oral sobre o desleixo demostrado pola Xunta neste asunto.

 

O responsable socialista acusou á Consellería de Pesca de “soltar lastre cos problemas e botarlle as dificultades enriba das confrarías e que se apañen”, e advertiu que “a omisión de colaboración é unha falla de compromiso coas confrarías”. Lembrou o que supón o furtivismo pola sobreexplotación, competencia desleal e a falla de garantías no produto introducido no mercado, sumado ao dano que esta publicidade lle provoca ao sector.

Torrado sinalou que hoxe son as confrarías as que teñen que asumir a vixilancia fronte aos furtivos, cunhas axudas da Xunta “insuficientes para o que necesitan” e que “pagan moi tarde” obrigando a retirarlle os recursos previstos para as mariscadoras para adiantar os custes deste servizo.

Advertiulle ao goberno galego que “non poñer os medios necesarios para loitar contra o furtivismo é unha forma de asumilo”, e apuntillou que “non se conseguen melloras por falar moito e facer grandes promesas, senón por apostas concretas e investimentos”.