O comité do Porto de Vigo alerta sobre os problemas creados por López Veiga na Policía Portuaria derivados da falta de axentes para sumar a privatización da lonxa

Información
Cofradias 15 Septiembre 2017
social youtube xornalgalicia   feed-image

López Veiga es acusado de "incompetente" para gestionar la Autoridad Portuaria de Vigo. O comité de empresa da Autoridade Portuaria de Vigo (APV), presidido pola CIG, vén de alertar publicamente sobre os graves problemas que se rexistran na Policía Portuaria como consecuencia da falta de axentes. Dende a representación do cadro de persoal denuncian que nos últimos tempos prestouse servizo en eventos potencialmente perigosos con até catro policías menos do normal, o que supón un risco para traballadores/as, usuarios/as e visitantes das instalacións portuarias.

 

O presidente do comité e voceiro da CIG na APV, Diego González, explica que nos últimos meses esta situación volveuse crítica, chegando a prestar servizo con ata catro axentes por debaixo do que debería ser normal no transcurso de eventos potencialmente perigosos debido á masificación de xente e á venda de bebidas alcólicas. “Sen esquecer o sucedido na última edición do Marisquiño, na que os policías se viron obrigados/as a facer algún parte de servizo indicando a pouca presencia da Policía Portuaria no peirao”.

Critica que a situación se volvese a repetir durante varias fins de semana, “mais o vaso colmouse neste mesmo mes de setembro ao coincidir a Oktober Fest na Estación Marítima, o festival Vigo Street Stunt na zona do Náutico e Comercio e a feira VigoMar ou Festa do Marisco no Berbés”. Nestas datas o reforzo foi inexistente, chegando a estar menos axentes de servizo que nun día normal. 

En datas sinaladas o reforzo foi inexistente, chegando a estar menos axentes que un día normal

Deste xeito, considera que a APV está a por en perigo tanto aos seus traballadores/as como aos usuarios/as do Porto e visitantes aos diversos eventos e ás instalación portuarias e censura “o servilismo de moitos mandos intermedios que permiten que se poña en perigo aos axentes, que sempre son os primeiros en chegar a calquer incidente que se produce dentro da zona portuaria”.

Na opinión do comité, a Policía Portuaria está a sufrir nas súas carnes o abandono no que o presidente da APV, Enrique López Veiga, ten o Porto de Vigo. “Neste último mes os servizos que se están a prestar están baixo mínimos alarmantes debido a una decisión do súa de non permitir que os axentes realicen xornadas dispoñíbeis, que son aquelas que os policías portuarios realizan cando se precisa un reforzo especial ou se produce un imprevisto e son chamados/as para traballar en día de descanso a cambio de 70 euros e outra xornada libre compensatoria”.

Advertencia de Portos do Estado

Sinalan que o propio López Veiga lle comentou ao comité de empresa que adoptou a medida debido a unha advertencia de Portos do Estado na que o ameazaban con diminuír a masa salarial do presidente e da directora da APV se se excedían da masa asignada para produtividade, que é a masa na que repercuten as xornadas dispoñíbeis. “Esa advertencia é produto dun exceso de 76.000 euros sobre a produtividade no exercicio do ano 2016, pero ese exceso foi producido na meirande parte por culpa da política de recortes que López Veiga ven aplicando dende a súa entrada no Porto de Vigo en 2015, e que incluíu unha redución do 10 % do cadro de persoal”.

Neste senso, indican que aínda que ese exceso de 76.000 euros é real, López Veiga e Beatriz Colunga, a directora da APV, “non contan toda a verdade e manexan as cifras como lles vén en gaña, e non contan que no que se refire á masa salarial xeral da APV a diferencia é de 400.000 euros por debaixo da asignada (debido tamén a esa política rácana e austera, sempre en contra do traballador/a)”.

Diante disto, sosteñen que se con estes datos o presidente da APV non é quen de rebatirlle a advertencia a Portos do Estado “non nos estraña que o Porto de Vigo se estea a afundir de maneira alarmante e se sigan a perder tráficos e que as grandes navieras marchen para os portos veciños”. Finalmente, amosan o seu convencemento de que López Veiga seguirá a buscar culpábeis desta situación fóra do organismo que preside “pois a autocrítica parece que non vai con el”.

López Veiga es acusado de "incompetente" para ... - Xornal Galicia

xornalgalicia.com/.../4016-lopez-veiga-es-acusado-de-incompetente-para-gestionar-la...
 
16 jun. 2017 -López Veigaes acusado de "incompetente" para gestionar la Autoridad Portuaria de Vigo mientras es premiado con la presidencia de honor ...

El exconselleiro de la Xuna López Veiga, "embolará ... - Xornal Galicia

xornalgalicia.com › Galicia
 
23 dic. 2016 -El exconselleiro de la XunaLópez Veiga, "embolará al Puerto de Vigo" más de 10 millones de euros para supuestamente digitalizarlo.

López Veiga conduce o Porto "a unha situación irreversíbel" da que ...

diariomaritimo.com › Especiales › Puertos
 
25 ago. 2017 -López Veigaconduce o Porto "a unha situación irreversíbel" da que se terán que facer ... peixe do Porto de Vigo, efectuado polo presidente da APV, EnriqueLópez Veiga, vén de ser ... Acceso SuscriptoresXornalde Galicia.

Sr López Veiga, o bien le HAN TIMADO como ex Conselleiro y en su ...

diariomaritimo.com › Portada
 
16 oct. 2015 -SrLópez Veiga, o bien le HAN TIMADO como ex Conselleiro y en su nombre a todos los ... comprado por la Xunta de Galicia y en su nombre el exconselleiro EnriqueLópez Veiga. ... Acceso SuscriptoresXornalde Galicia.

Sr López Veiga, o bien le HAN TIMADO como ex ... - Xornal de Galicia

xornaldegalicia.es › Especiales + › Marítima
 
16 oct. 2015 -SrLópez Veiga, o bien le HAN TIMADO como ex Conselleiro y en su nombre a todos los gallegos/as o bién nos ha ROBADO USTED ese ...

Noticias de Enrique López Veiga - Faro de Vigo

www.farodevigo.es › Tags
 
EnriqueLópez Veiga, las noticias de actualidad y hemeroteca de EnriqueLópez Veiga.

Noticias sobre Enrique César López Veiga. La Voz de Galicia

https://www.lavozdegalicia.es/temas/enrique-cesar-lopez-veiga/
 
3 jul. 2017 -El puerto de Vigo recupera la senda del crecimiento pese a la fuga de Maersk.López Veigano teme la marcha de la naviera tras aumentar el ...

López Veiga: Vigo es una ciudad desconocida - Vigo - Atlántico Diario

www.atlantico.net/articulo/vigo/lopez-veiga-vigo.../20170902010749605561.html
 
2 sept. 2017 -n n n "Vigo es una ciudad desconocida para las navieras, esa es la realidad que nos encontramos cuando hacemos campañas de marketing ...

López Veiga señala el precedente de los controladores aéreos en la ...

www.atlantico.net/articulo/vigo/lopez-veiga-senala.../20170210091441572223.html
 
10 feb. 2017 -Advierte de que no pueden paralizar la economía y que la huelga se plantea contra una norma comunitaria.

Enrique López Veiga, carga política para presidir el Puerto - Vigo ...

www.atlantico.net/articulo/vigo/...lopez-veiga-carga.../20151009095357496096.html
 
9 oct. 2015 -Indirectamente, ya dirigió el puerto vigués en su última etapa de conselleiro, cuando tenía mando ejecutivo.