Imprimir
Categoría de nivel principal o raíz: Especiales
Categoría: Conservas

As conservas de Galicia vanse a paraisos fiscais sen que Feijóo faga o máis minimo esforzo por evitalo.

Información
Conservas 17 Junio 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image
 
A primeira conserveira conserveira galega, Jealsa, levou o seu proceso de internacionalización até unha sofisticada praza financeira. Trátase de Curaçao, que forma parte das antigas Antillas Holandesas, e está considerada como unha emerxente praza off shore en pleno Caribe para as grandes empresas europeas. Jesalsa, a través da súa corporación empresarial, creada o ano pasado, puxo a pica en Curaçao a través de dúas socieades, unha de carteira e outra de comercialización de túnidos, mediante as cales controla negocios en Latinoamérica.  
Ambas as firmas, denominadas Sant Yago NV e Sant Yago Tuna Fisheries, teñen un valor en libros de seis millóns de euros cada unha. A primeira, de acordo coas contas da corporación de Jealsa, depende directamente de Sant Yago Holding BV, sociedade holding propiedade da compañía e domiciliada en Holanda, tamén unha praza de baixa tributación en plena Unión Europea. San Yago Tuna Fisheries, a outra sociedade domiciliada en Curaçao, atópase en dependencia directa e ao 100% da sociedade de carteira Sant Yago NV. O valor en libros do holding creado por Jealsa en Holanda ascende a 11,6 millóns de euros ao peche de 2013.
Estrutura no Caribe
Desde Curaçao, o grupo presidido por Jesús Alonso controla negocios en Guatemala, como son os que dependen das sociedades Atunera Sant Yago e Atunera Nacional, dedicadas á pesca de atún e controladas ao 100% desde a illa caribeña.
Coa disolución das Antillas Holandesas en 2010, illas como Bonaire, Aruba e Curaçao convertéronse en territorio da Unión Europea, o cal posibilitou que tivesen a súa propia fiscalidade, que non inclúe impostos corporativos pero si unha fiscalidade do 5% sobre os dividendos. Ao ser parte da UE, convérteas en prazas off shore moi atractivas.
Trátase de zonas de baixa tributación ao alcance de certo tipo de empresas multinacionais que deben ter polo menos tres empregados nas illas e utilizar a metade dos activos na xurisdición. A maioría de empresas multinacionais que utilizan illas como Curaçao para optimizar os seus impostos dispoñen de filiais nos Países Baixos, como é o caso de Jealsa coa súa sociedade holding, onde declaran e pagan impostos laxos, para logo canalizar o capital a través desta xurisdición fiscal caribeña
referencia.
http://www.economiadigital.es/gles/notices/2014/12/jealsa-rianxeira-vende-su-polemica-planta-de-el-sahara-56016.php