Imprimir
Categoría de nivel principal o raíz: Especiales
Categoría: Conservas

Os grupos políticos municipais avaliaron a proposta para concederlle a Medalla de Ouro do Concello a Conservas Calvo

Información
Conservas 10 Julio 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image

1436521431voceiros webRepresentantes de todos os grupos políticos con presenza na corporación veñen de manter unha xuntanza na que estudaron a proposta para concederlle a Medalla de Ouro do Concello a Conservas Calvo polo seu labor continuado ao longo dos seus 75 anos de vida a prol do mundo do deporte e da cultura, así como polo seu labor social, en constante colaboración coa administración local e co tecido asociativo de Carballo.

O líder do PP, Miguel Ferreiro, xunto con Estefanía Canosa en representación de TEGA, María del Carmen Vila polo PSOE e o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, como rexedor e en representación do BNG, estiveron na Alcaldía da Casa do Concello analizando a proposta, que tamén está recollendo apoios por parte das asociacións do municipio.

O obxectivo desta distinción é o de recoñecer o espírito de colaboración de Conservas Calvo e a súa dispoñibilidade e man tendida para traballar sempre a prol de Carballo cun inestimable labor de mecenado.

Son xa 75 anos traballando por e para numerosas entidades deportivas, sociais e culturais que de non ser polo apoio constante de Conservas Calvo non poderían ter desenvolvido o seu importante traballo nas mesmas condicións e que non terían convertido a Carballo nun municipio de referencia no deporte de base ou na cultura, nomeadamente no teatro, por poñer só algúns exemplos.

Nos próximos días os voceiros municipais e as asociacións carballesas seguirán avaliando e estudando a proposta e iranse concretando os pasos que se darán para a concesión desta distinción.