CAMPUS DE NATACIÓN CLUB NATACIÓN ARTEIXO

Información
Deportes 07 Julio 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image

campusarteixoO pasado venres día 3 de xullo celebrouse a clausura do X Campus Xoga coa Auga, organizado polo Club Natación Sarval Arteixo con un gran éxito de participación, 110 nenos e nenas de entre 6 e 16 anos.

En 15 días de convivencia estes pequenos deportistas practicaron natación, judo, rugbi, sendeirismo, montaron a cabalo e sobre todo xogaron a rabiar e divertíronse, obxectivo principal do Campus, sen dúbida acadado un ano máis.

Como xa é habitual o Campus rematou facéndolles entrega dun agasallo, unha camiseta conmemorativa, a tódolos participantes no Pazo dos Deportes, e pasando o día no parque Acuático de Cerceda.

O Club Natación Arteixo ten aberto o prazo de matrícula para os seus cursos da vindeira tempada, aos que se poderán apuntar todos os nenos e nenas de 6 anos ou máis interesados/as en perfeccionar a súa técnica e habilidades na auga con un dos mellores equipos de natación da zona. Haberá horarios novidosos, con diferentes prezos e matrícula gratuíta para os que empecen en setembro.