Esta fin de semana celebrouse en Pontevedra o Campionato Galego Junior e Absoluto de Natación en piscina de 50. A participación do CNA foi moito máis que salientable, xa que acadou un 5º posto, histórico, na clasificación conxunta absoluta. Gran parte deste éxito débese ao equipo feminino, que foi quen de conseguir, por vez primeira, un 4º posto na clasificación feminina absoluta. O equipo masculino fixo un gran traballo e quedou 9º. No caso do Equipo Junior acadaron o 11º posto na conxunta (10º na masculina e 14º na clasificación feminina).
Levaban tempo as arteixanas avisando das súas gañas de facer algo grande (xa nos últimos campionatos de inverno conseguiran dous bronces nas remudas de 4x50 libres e 4x50 estilos), pero nesta ocasión os éxitos superaron ás expectativas: Campionas galegas en 4x50 libres e prata en 4x50 estilos.
As remudas estiveron moi emocionantes, e o equipo masculino, que acadou en 4x100 estilos un ben loitado 6º posto, ficou a un só segundo dos postos de medalla. Nesa mesma proba, elas pelexaron por un meritorio 4º posto, marcando un gran remate do Campionato.
A nivel individual, os 14 deportistas do Club Natación Sarval Arteixo acadaron un total de 20 medallas: 1 prata e 2 bronces en categoría Absoluta; 11 medallas en categoría Absoluto Mozo, 3 ouros, 3 pratas e 5 bronces; e finalmente 6 medallas en categoría Junior, 4 pratas e 2 bronces. Foi este, logo, un magnífico campionato para o club arteixán, onde quen non baixou a súa marca foi quen de acadar medalla.
Ultima hora en esta sección
Noticia Anterior
Otras noticias publicadas más recientes
También le pueden interesar
Las noticias más populares
De redacción
- Un equipo con participación del CSIC identifica cuatro especies distintas de carabela portuguesa
- La pesquería de cerco de la sardina ibérica recibe el certificado de pesca sostenible de Marine Stewardship Council en un acto oficial en Matosinhos
- Por pescadores para pescadores; hoy se lanza la marca de calzado de alto rendimiento "Strike"
- Un estudio explica la paradoja del Mediterráneo, un mar vacío y lleno a la vez hace más de 5 millones de años
- Ecologistas en Acción presenta su campaña de divulgación sobre los tiburones y las amenazas que enfrentan