Información
Enviar por ; Correo electrónico

Unha investigación da USC estuda os graves riscos para a saúde que provocan dúas toxinas mariñas presentes nas costas galegas

Información
Diario Marítimo ; 04 Agosto 2015 ; 2284 visitas
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Cifuentesx Crespo e Botana jpg 1087448183O biólogo coruñés Andrés Crespo estuda na súa tese doutoral, dirixida por Luis Botana e José Manuel Cifuentes, os efectos provocados polos ácidos okadaico e domoico

Andrés Crespo, entre os directores do traballo José M. Cifuentes e Luis Miguel Botana (dereita)
O estudo dos distintos efectos provocados por intoxicación con ácido okadaico e ácido domoico, principais representantes dos grupos de toxinas mariñas diarreicas (DSP) e amnésicas (ASP) centra a investigación realizada polo biólogo coruñés Andrés Crespo Vieira ao abeiro da súa tese de doutoramento, que vén de presentar na Facultade de Veterinaria da USC baixo o título ‘Fitotoxinas mariñas: Estudos Histopatolóxicos’.
 
Dirixida por Luis Miguel Botana López, catedrático do Departamento de Farmacoloxía da USC, e José Manuel Cifuentes, profesor do Departamento de Anatomía e Produción Animal, a tese de doutoramento realizada por Andrés Crespo presenta un grande interese por tratarse dun estudo histopatolóxico de dúas toxinas que están presentes nas costas galegas e cuxa inxesta pode ocasionar graves problemas de saúde nas persoas que as consuman.
 
Outra das novidades da investigación de Andrés Crespo vén dada polo feito de que é a primeira vez que se detectan as dúas toxinas mariñas antes citadas en diferentes órganos mediante métodos inmunohistoquímicos. De feito, no caso do ácido okadaico, que é responsable ou causante de procesos diarreicos, o investigador estudou as alteracións que ocasiona en varias encimas hepáticas e a súa histopatoloxía en diferentes órganos, unhas laboriosas pescudas que lle permitiron observar lesións que con anterioridade non tiñan sido descritas.
 
Un estudo semellante desenvolvido respecto do ácido domoico fixo posible confirmar que a detección da toxina mediante métodos inmunohistoquímicos coincide co lugar das lesións, situándose estas fundamentalmente a nivel do hipocampo onde ocasiona unha deterioro da poboación neuronal. Este efecto provoca a perda de memoria a curto prazo, que é un dos síntomas fundamentais deste tipo de toxinas.
 
Outra das achegas presentadas por Crespo Vieira na súa tese de doutoramento é a relativa á detección desta toxina amnésica a nivel da hipófise, un logro que nunca antes se tiña acadado e que podería xustificar en gran medida moita da sintomatoloxía que presentan este tipo de intoxicacións.
 
Tribunal de tese e cualificación
O catedrático de Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas do Departamento de Anatomía e Produción Animal da USC, Ignacio Salazar Beloqui, presidiu o tribunal en encargado de cualificar a tese presentada por Andrés Crespo e que obtivo a máxima cualificación de sobresaínte cum laude.
 
José María Nieto Martínez, catedrático do Departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias da USC; Carlos González Juanatey, facultativo do Servizo de Cardioloxía no Hospital Lucus Augusti; Ana María Sahagún Prieto, profesora titular do Departamento de Farmacoloxía e Ciencias Biomédicas da Universidade de León, e Mª Carmen Alfonso Méndez, responsable da área de calidade, ciencia e tecnoloxía de alimentos de Laboratorios Cifga, completaron a nómina de integrantes do tribunal.
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....