Información

Denuncia que Feijóo volve como MENTIRÄN do naval, en plena campaña electoral cando non cumpliu, nin unha soa línea das promesas das duas últimas eleccións

Información
Diario Marítimo ; 23 Agosto 2016
Na central lembran que esta industria perdeu preto de 8000 empregos dende o ano 2009 gracias as promesas de Feijóo esa e a realidade do mentirán
A CIG-Industria saíu hoxe ao paso das informacións recollidas recentemente polos medios de comunicación nas que se achegan unha serie de datos que avalarían a recuperación do sector naval da Ría de Vigo ao apuntar que lidera as novas contratacións no primeiro semestre por enriba dos estaleiros asturianos e vascos. Dende a central nacionalista sosteñen que esta suposta recuperación "é unicamente propagandística" e lembran que a industria naval viguesa perdeu preto de 8000 empregos dende 2007.
2013 07 04 Naval Vigo 016               
 

Dende a federación de Industria da CIG fixeron público un comunicado no que matizan as recentes informacións publicadas polos medios nas que se fala da suposta recuperación no sector naval da Ría de Vigo e se asegura que lidera a contratación de novos proxectos por diante de asturianos e vascos:

1º. Compáranse as actuais contratacións coas de anos anteriores, cando case non existía sector ao atoparse practicamente desfeito.

 2º. Das seis contratacións, dúas dependen de Armón Asturias e outra dun estaleiro de Marín; ademais, trátase de estaleiros pequenos que xa estaban a traballar, polo que o impacto en termos de postos de traballo é nulo.

 3º. Os estaleiros que levaban o peso da contratación en termos de buques e postos de traballo seguen no dique seco; Barreras está á espera da entrega do flotel, co que quedaría baleiro; Vulcano leva cinco anos sen contratación e no limite da resistencia; xa pasaron tres anos dende que Metalships entregou o ultimo buque; e Freire atópase rematando dúas construcións.

 4º. No ano 2007 o número de empregados/as no sector naval da Ría de Vigo superaba os 9000, mentres que na actualidade non chega a 1500:

Parte do comité de Vulcano solicita reunión urxente co conselleiro de Industria pola crítica situación do estaleiro

Os sindicatos CIG e UGT lembran que a compañía viguesa do sector naval encadea xa varios anos sen apenas carga de traballo
Os representantes da CIG e da UGT no comité de empresa do estaleiro vigués Vulcano veñen de presentar unha solicitude de entrevista urxente co conselleiro de Industria, Francisco Conde, para analizar a gravísima situación que padece a compañía e abordar o seu futuro tras encadear varios anos sen apenas carga de traballo.
2013 07 16 vulcano 002               
 

Segundo explican dende as dúas centrais sindicais, a decisión de solicitar unha reunión co responsábel autonómico foi adoptada ante a gravidade da situación que vive Vulcano como consecuencia da falta de carga de traballo e que obrigou a encadear máis dunha ducia de ERE. De feito, o último presentado pola compañía viguesa remate este mesmo mes.

Ademais, a falta de encargos reduciu drasticamente o número de traballadores/as na empresa, polo que o cadro de persoal está formado nestes momentos por pouco máis de 80 persoas.

Esta situación levou ao comité de empresa (CIG, CCOO e UGT) a iniciar unha serie de xestións encamiñadas a garantir a supervivencia futura do estaleiro. Así, unha representación do cadro de persoal acudiu recentemente ao Parlamento galego para reclamarlle aos distintos grupos políticos que promovan iniciativas en defensa da empresa.

campana_de_propinas