Imprimir
Categoría de nivel principal o raíz: Especiales
Categoría: Marisqueo

A Unión de Consumidores e Mexillón de Galicia reclaman unha etiquetaxe das conservas clara e veraz

Información
Marisqueo 15 Julio 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image

Mejillon Gallego 604x270

O Consello Regulador Mexillón de Galicia e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) veñen de asinar en Compostela un acordo de colaboración para dar resposta a un problema común: a fraude e a ocultación de información na etiquetaxe das conservas de mexillón. A acción forma parte dunha campaña de sensibilización sobre etiquetas enganosas, que tamén inclúe o lanzamento, de forma simultánea, dun spot dirixido aos consumidores.

Unión de Consumidores de Galicia e o Consello Regulador da DOP Mexillón de Galicia asinan un convenio de colaboración dirixido a loitar contra a ocultación de información na etiquetaxe das conservas de mexillón

 

. Os consumidores e o sector profesional do Mexillón de Galicia comparten a preocupación pola falta de transparencia na información alimentaria de moitos produtos transformados do mexillón. Os primeiros, porque ven menoscabados os seus dereitos, e o segundo, porque a mala praxe na etiquetaxe está comprometendo a viabilidade socioeconómica do sector.

Ante esta situación, o presidente do Consello Regulador Mexillón de Galicia, Francisco Alcalde García, e a presidenta de Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), Ana Olveira Blanco, alcanzaron un acordo de colaboración entre ambas entidades, que vén de ser asinado na mañá do mércores na capital galega

O acordo ten por obxecto compartir sinerxías en torno a dous eixos: reclamar unha etiquetaxe clara e veraz, que garanta a protección dos dereitos tanto das persoas consumidoras como das persoas pertencentes ao tecido socioeconómico do Mexillón de Galicia; e divulgar entre a cidadanía os produtos galegos de calidade diferenciada, e máis concretamente a Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia.

Así, unha das primeiras accións conxuntas que está prevista é a realización dun estudo de mercado da etiquetaxe das conservas de mexillón. Ademais, a UCGAL e o Consello Regulador tamén se comprometen a realizar

campañas de sensibilización, a cooperar en actividades de formación e transferencia de coñecemento e a colaborar no asesoramento e intercambio de información.

Spot de sensibilización

Paralelamente á firma do convenio, Mexillón de Galicia vén de lanzar un impactante spot de sensibilización para alertar os consumidores das etiquetas enganosas das conservas e para que saiban recoñecer a única marca que garante a orixe galega do mexillón, o selo da Denominación de Orixe Protexida.

Baixo o título "Mexillón de Galicia, marisco de etiqueta", o vídeo resume en pouco máis dun minuto as infraccións máis comúns na etiquetaxe do mexillón. Unha delas é a utilización de reclamos comerciais do tipo "de las Rías gallegas" ou "sabor a Galicia" en produtos que non están certificados pola DOP, unha práctica que infrinxe a normativa europea, xa que ningunha destas mencións garante que o contido sexa verdadeiramente galego. Así, unha prospección de mercado

1 realizada polo Consello Regulador no ano 2014 en diversos puntos de venda, revelou que o 75% das conservas usaba irregularmente mencións á orixe galega do produto.

Ademais, estase a producir unha substitución de mexillón por outras especies de mitílidos, tal como demostra o estudo realizado pola Agencia Española de Consumo, Seguridad Alimentaria y Nutrición (AECOSAN)

2, que constatou que unha de cada tres conservas de mexillón ofrece unha información sobre o produto que non se corresponde coa especie realmente envasada.

O vídeo, realizado por Pablo Chouza, está dispoñible en galego con subtítulos en castelán e inglés, para que poida chegar a un público amplo. Difundirase masivamente a través das redes sociais e dos móbiles. Ademais, pódese ver na canle de Youtube de Mexillón de Galicia:

https://www.youtube.com/mexillondeGaliciaDOP

 

1

A mostra estivo composta por 55 referencias de conservas de mexillón, adquiridas polo Consello Regulador durante o 2014 en diversos puntos de venda de Galicia. Destas, 41 latas infrinxían a normativa da DOP.

2

Estudo presentado polo subdirector de Calidade do Consumo do Istituto Nacional de Consumo, Carlos Arnáiz, no Congreso Labelfish celebrado en Vigo en decembro de 2014.

No día de hoxe, a presidenta de Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), Ana Olveira Blanco, e o presidente do Consello Regulador Mexillón de Galicia, Francisco Alcalde García, participaron no acto de sinatura dun convenio marco de colaboración que ten por obxecto facer fronte a un problema común para ambas entidades, a deficiente e incorrecta información na etiquetaxe das conservas e máis concretamente do mexillón de Galicia.

Tanto UCGAL como o Consello Regulador da DOP comparten a súa preocupación pola falta de transparencia na etiquetaxe de moitos produtos transformados do mexillón. Co animo de paliar esta situación, nun contexto no que a vixente normativa non obriga a indicar a orixe de todos os produtos alimenticios, os máximos representantes das entidades, Ana Olveira e Francisco Alcalde, formalizaron un acordo de colaboración que pretende afondar na problemática que está a xerar a comercialización, como galegas, de conservas que en realidade non teñen tal orixe.

O acordo ten por obxecto compartir sinerxías en torno a dous eixos: reclamar unha etiquetaxe clara e veraz, que garanta a protección dos dereitos tanto das persoas consumidoras como das persoas pertencentes ao tecido socioeconómico do Mexillón de Galicia; e divulgar entre a cidadanía os produtos galegos de calidade diferenciada, e máis concretamente a Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia.

Así, unha das primeiras accións conxuntas que está prevista é a realización dun estudo de mercado da etiquetaxe das conservas de mexillón. Ademais, a UCGAL e o Consello Regulador tamén se comprometen a realizar campañas de sensibilización, a cooperar en actividades de formación e transferencia de coñecemento e a colaborar no asesoramento e intercambio de información.

O convenio asinado esta mañá en Santiago de Compostela cunha vixencia de un ano prevé a súa prórroga automática por iguais períodos.