Imprimir
Categoría de nivel principal o raíz: Especiales
Categoría: Playas

A Xunta só financia sete socorristas dos trece que autorizara ao concello

Información
Playas 20 Julio 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image
socorristasvilagarciaO goberno local de Vilagarcía manifesta a súa sorpresa pola resolución que acaba de remitir a Consellería de Traballo e Benestar na que resolve a solicitude de subvención para o servizo de socorrismo para os areais do Concello, dous deles –os do Preguntoiro e de Campanario-Bamio – con bandeira azul. Despois de anunciar, a principios de xuño, que autorizaba ao goberno local a contratación dos 13 socorristas solicitados por un período de tres meses, o certo que a resolución final só concede a subvención para sete técnicos e non para tres meses, senón para dous meses e catro días.
20.07.2015. Nas convocatorias dos últimos anos, o que se autorizaba previamente –facilitando así o proceso de selección do persoal- adoitaba coincidir co que finalmente se concedía. Ao aplicar semellante recorte tanto en diñeiro coma en tempo, para manter o servizo como estaba programado, xa polo anterior goberno municipal, que foi o que iniciou os trámites, de principios de xullo a mediados de setembro, o goberno local terá que facer un desembolso non previsto de case 15.000 euros (14.817,63 €, concretamente) e iso tendo en conta que esa cantidade só refire á contratación actual de 9 socorristas por tres meses.
Estes contratos (9, ata a recepción da resolución) suman 32.342 euros; como queira que a Xunta só subvenciona sete (7) e para dous meses e catro días, o que supón 17.524 euros, velaí ese déficit de case 15.000 euros que agora debe asumir o Concello. O desequilibrio aínda sería maior se finalmente se chegaran a contratar os 13 socorristas previstos –e autorizados- inicialmente.
O goberno local lamenta o cambio de actitude da Xunta ante un servizo tan importante como o de vixilancia e socorrismo nas praias, confía en que este xeito de actuar non se repita en futuras convocatorias polo quebranto que supón para os concellos, e, en todo caso, garante que o servizo será prestado nos praias con bandeira azul, xa citadas, ademais das da Concha e Compostela.