Costas confirma ao alcalde que aportará 6.600 cúbicos máis de area á praia do Preguntoiro

Información
Playas 05 Agosto 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image
playapreguntoriroA praia do Preguntoiro, en Vilaxoán, contará cun segundo aporte de area. Así o confirmou a xefa territorial de Costas, Cristina de Paz, logo da entrevista que esta mesma semana mantivo co alcalde, Alberto Varela, na casa consistorial. Na mesma xuntanza o rexedor tamén logrou o compromiso de Costas de asumir o custe do derrubo do "acuario" da praia de Compostela e mesmo o estudio e financiamento da extensión do carril-bici entre Carril e Vilaxoán pasando por Vilagarcía.

01.08.2015.- Segundo os datos facilitados por Cristina de Paz o investimento a realizar no Preguntoiro é de 112.000 euros, que se traducen en 6.625 metros cúbicos de area. A achega servirá para ampliar a zona de praia alá onde coa marea alta apenas queda espazo pero tamén para corrixir o forte desnivel que hai na zona sobre a que se actuou durante o mandato de Dolores García. Igualmente, servirá para reforzar o atractivo turístico do Preguntoiro, que xa goza de bandeira azul e en moi pouco tempo se converteu xa nun referente do lecer de centos de persoas, especialmente dos máis novos.


Dada a importancia do investimento, e cumprindo co seu compromiso de estar sempre preto dos intereses dos veciños, o alcalde convocará nos vindeiros días aos representantes veciñais de Vilaxoán -cuxa asociación reivindicou sempre non só o primeiro aporte ade area, senón tamén a ampliación, agora confirmada- e da confraría, posto que no Preguntoiro exista unha zona de explotación marisqueira