O programa Verán Deportivo, en Samil, chega ao seu
fin coa disputa do XIII Trofeo Cidade de Vigo de fútbol praia esta fin de semana
nas instalacións de Vigoarena, o espazo acoutado no areal vigués para diversas
modalidades deportivas de praia. O torneo está auspiciado pola Federación Galega
de Fútbol e incluído no campionato autonómico desta disciplina.
Manel
Fernández, concelleiro de Deportes, e Juan Carlos Andrés, en representación da
firma organizadora, Evento Global, presentaron o derradeiro dos eventos que
dende xuño coparon as fins de semana á altura da desembocadura do
Lagares.
Dende o Concello dáse cada verán "gran apoio" ás actividades de
praia, que moven "moitísimas modalidades", explicou o edil socialista. De feito,
ata a data máis de 1.100 participantes competiron nos torneos de voley praia,
tenis praia, futvoley e balonmán praia que se celebraron.
"O fútbol
praia é un clásico do máximo nivel porque Vigo e Galicia son referentes",
explicou Andrés. Ademais de dar Galicia internacionais con España, equipos de
Vigo foron tamén campións estatais.
Para esta fin de semana serán trinta
os equipos inscritos (xogadores maiores de 16 anos), que disputarán unha fase
previa en formato liguilla para dar paso despois a eliminatorias a partido
único. O campión do 2014 foi o TB Brokers.
Ultima hora en esta sección
Noticia Anterior
Otras noticias publicadas más recientes
También le pueden interesar
Las noticias más populares
De redacción
- Un equipo con participación del CSIC identifica cuatro especies distintas de carabela portuguesa
- La pesquería de cerco de la sardina ibérica recibe el certificado de pesca sostenible de Marine Stewardship Council en un acto oficial en Matosinhos
- Por pescadores para pescadores; hoy se lanza la marca de calzado de alto rendimiento "Strike"
- Un estudio explica la paradoja del Mediterráneo, un mar vacío y lleno a la vez hace más de 5 millones de años
- Ecologistas en Acción presenta su campaña de divulgación sobre los tiburones y las amenazas que enfrentan