Información
Enviar por ; Correo electrónico

O Porto de Vigo ten todo o apoio do alcalde para levar adiante a súa acción para restituir a situación, Maersk

Información
Diario Marítimo ; 16 Abril 2016 ; 3241 visitas
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Abel Caballero participou este venres no consello extraordinario do Porto de Vigo convocado pola saída da cidade dun importante volume de contedores de Maersk. O rexedor vigués advirte dunha perda de eficiencia e competitividade polo incremento de custos e pide sentarse a falar coa compañía danesa.

ras a sesión deste venres do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo para analizar este problema "tan serio e tan importante", o alcalde vigués considerou o abandono dunha parte central dos contedores da compañía como unha decisión "perxudicial ata para Maersk", que suporá un incremento de custos para empresas de sectores como a pesca conxelada ou a pedra.

Caballero explicou que o número de contedores que podería saír de Vigo require tamén dun importante número de servizos portuarios, entre os que citou o exemplo da axilidade nos Puntos de Inspección Fronteriza (PIF). O rexedor indicou que o Porto de Vigo conta con oito bocas para a inspección polas dúas de Marín, o que, engadido aos maiores custos de transporte, significará "menos eficiencia".

"Non é un problema só de empresas, é un problema de territorio", aseverou o primeiro edil, quen ve "un sistema ineficiente" e cre que "hai que tratar con Maersk a solución e non podemos dalo por perdido, hai que dialogar e convencer, desde a nosa industria, de que a decisión é mala".

"O Porto de Vigo ten todo o apoio do alcalde para levar adiante a súa acción para restituir a situación", avanzou Caballero, accións entre as que citou o planteamento vigués ante Portos do Estado de que entre os portos de Vigo e Marín non se está a aplicar as reglas da libre competencia. "Con todo o respecto a todo o mundo, cremos que a realidade da eficiencia e da competencia sinala a Vigo", concluíu o alcalde

Otros articulos relacionados.....