OS SOCIALISTAS TILDAN DE “DRAMÁTICOS PARA AL MENOS 36.000 FAMILIAS” OS ORZAMENTOS DA CONSELLERÍA DO MAR

Información
Galicia 26 Octubre 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image

José Ramón Val ironiza con que a “estratexia do sentidiño” da conselleira levou ao sector a estar “permanentemente na rúa” protestando polo desleixo da Xunta

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 15. O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, cualificou hoxe de “dramáticos” os orzamentos da Consellería do Mar para o ano 2016. O responsable socialista dixo que os orzamentos “non van servir de ningunha maneira para darlle resposta aos problemas do sector” da pesca, que “cada vez ten uns menores ingresos, menos barcos e menos afiliados ao réxime especial do mar”.

Ironizou con que o que a conselleira bautizara nos orzamentos de 2015 como a “estratexia do sentidiño” levaran ao sector a “estar permanentemente na rúa protestando polo desleixo do goberno galego”. Lamentou o “desinterese manifesto” pola situación do cerco, do marisqueo ou da volanta, aos que “vostede non atendeu en todo o ano e que desgrazadamente non aparecen tampouco nestas contas”.

Os orzamentos carecen de “ningunha acción importante” para reverter a redución de afiliados á Seguridade Social do Mar, que pasou de 26.038 en 2008 a 21.078 en 2015, 4.960 persoas menos traballando no mar, ademais de case 600 mariscadoras a pé menos que en 2008. A pesares desta situación “non hai unha aposta seria de país, pola pesca extractiva ou polo marisqueo, seguimos sen ningunha acción importante”.

O parlamentario socialista comparou a situación orzamentaria comparada con 2012, o último ano antes da fusión con Medio Rural, dende o que a Secretaría Xeral perdeu 7 millóns de euros, Innovación perdeu 46,4 millóns, Desenvolvemento Pesqueiro pasou de 33 a 31 millóns e o Instituto Tecnolóxico para o control do Medio Mariño baixou de 3,35 a 2,9 millóns de euros.

Val salientou a ausencia do desenvolvemento dos plans de acuicultura, así como do sector mexilloeiro, o que, malia que Galicia é referencia internacional, está “literalmente desaparecido” dos orzamentos do goberno galego. Portos de Galicia ten ademais unhas previsións de investimentos “pírricas” de 6,6 millóns de euros, con “previsións que logo non se poden cumprir porque o mantemento absorbe a práctica totalidade do orzamento.

Esixiulle á conselleira “contas serias con accións concretas, con nomes e apelidos e non unicamente cuestións xenéricas con partidas xenéricas que non son quen de executar”. Lembrou así que “os niveis de execución roldan apenas o 70 por cento”, constantando que “renuncia a aproveitar a potencialidade dun sector vital para a nosa economía, que sobrevive a pesares de vostedes”.{jcomments on}