Sra. Ana Pastor, o PPdeG a deixa a vostede en moi mal lugar facendo ver que sobran equipamentos para salvar vidas na Mar en galicia cerrando a base de Cee

Información
Galicia 19 Enero 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image

O PP soo pensa en suprimnir dereitos ao pobo, menters manten a impunidade dos ladróns do seu partido e aforamentos parlamentarios, paraisos fiscais e corrupción perionando xuices.

OS SOCIALISTAS TILDAN DE “ALDRAXE” A SUPRESIÓN DA BASE DE SALVAMENTO DE CEE

 

Marisol Soneira denuncia a conivencia da Xunta cunha decisión “en contra da seguridade dos traballadores do mar e de todo o tráfico marítimo en xeral” nunha das costas con máis sinistros do Estado

 

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 16. A deputada socialista Marisol Soneira vén de presentar unha batería de iniciativas parlamentarias sobre a decisión feita pública onte polo Ministerio de Fomento, en conivencia co goberno galego, de suprimir a base de salvamento marítimo de Cee. A deputada socialista esixe os supostos informes técnicos aos que aludiu onte a ministra de Fomento, para amparar esta “aldraxe”.

Soneira lembrou que este compromiso resulta “imprescindible” para garantir a seguridade dunha das costas con maior tráfico marítimo e co maior nivel de sinistros de todo o Estado. Lamenta a impasibilidade do goberno galego diante desta decisión da ministra Ana Pastor que vén botar por terra un compromiso posto en marcha polo goberno de Zapatero e que supuxo un investimento final de 1,5 millóns de euros.

A deputada socialista denuncia que Fomento “acaba de confirmar o que xa sabíamos: que nunca houbo intención de manter operativa esta base de salvamento, que nunca houbo a máis mínima intención de manter un helicóptero permanente e que a decisión xa estaba tomada dende que o presidente da Xunta tomou posesión en 2009”.

Engade que o Goberno galego “non ten a máis mínima intención de dotar a esta parte do territorio de medios de salvamento de resposta rápida, e que este tipo de decisións forman parte do modus operandi dos gobernos sostidos polo PP para cos habitantes da Costa da Morte e de toda Galicia”.