Hoxe celebramos un xantar e un baño na Illa do Toleiro

Información
Galicia 12 Julio 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image

sarriaA Plataforma Sarriana polo Río uníuse modestamente hoxe ao gran salto europeo por uns ríos vivos e sanos, a 10ª ecición do “Big Jump“ 2015 para denunciar que máis da metade dos nosos ríos están enfermos.

Hoxe celebramos un xantar e un baño na Illa do Toleiro xa que defendimos das administracións o bosque de ribeira do río Sarria e grazas a moitísima xente os ameneiros seguen verdecendo un verán máis fronte ao malecón.

O Big Jump é unha iniciativa coordinada pola ‘Rede Europea dos Ríos’ (European Rivers Network) na que participan centos de ONG e miles de cidadáns de toda Europa. Comezou a celebrarse en 2005 e este ano hai 500 eventos coma o noso en 28 países europeos. Esta reivindicación celebrase hoxe por 10º ano consecutivo en 500 lugares de Europa.

Non pode ser que moitos dos nosos ríos sigan estando contaminados como na zona do Chanto onde un ano máis polas condicións do auga non é zona apta para o baño, que se usen como se fosen cloacas como no caso da depuradora de Sarria. Os ríos prestan infinidade de servizos vitais á sociedade, pero só se están sanos. ¡Seguimos mollándonos polo río!

2015 era o ano límite marcado pola Directiva Marco do Auga da Unión Europea para que todas as augas alcanzaran o bon estado. Poren os plans hidrolóxicos españois presentados ata agora para o periodo 2016-2021 non van na boa dirección.

Este evento reivindicativo europeo comezou en 2005 para recuperar o vínculo perdido entre os cidadáns e os ríos, e para reclamar uns ríos vivos e sanos onde a xente poida disfrutar e darse un baño.

sarria2

Ainda que a Directiva Marco do Auga da Unión Europea (aprobada no ano 2000) marcaba 2015 como o prazo límite para alcanzar un “bo estado ecolóxico” dos ríos e lagos do continente (as masas de auga superficiais), todos os que celebramos hoxe o Big Jump denunciamos que aquí tamén estamos moi lonxe de cumprir o obxectivo. Segundo os plans hidrolóxicos en información pública, só o 41% das masas de auga superficiais españolas están en bo estado, fronte ao 41% en mal estado e o 18% das que nin sequera existen datos.

En 2015 aprobaranse os novos plans de conca que determinarán o futuro dos nosos ríos ata 2021, unha oportunidade para cambiar esta preocupante situación.

Como afirman hoxe dende WWF España “Lamentablemente los borradores de estos planes presentados hasta ahora siguendejando el medio ambiente en segundo plano y apuestan por lo mismo de siempre, más infraestructuras, más regadíos, en definitiva más oferta de agua para cubrir todas las demandas sin evaluar su necesidad ni su impacto”.

http://www.rivernet.org/bigjump/welcome.htm

http://www.wwf.es/colabora/participa/big_jump_200922/