Información
Enviar por ; Correo electrónico

O Concello de Tui decide paralizar temporalmente as obras de arranxo da tarima do paseo fluvial

Información
Diario Marítimo ; 18 Junio 2015 ; 3219 visitas
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Concello toma este acordo despois de comprobar que non se efectuaron as obras de consolidación do terreo no Tramo 1 do proxecto, medida necesaria para poder colocar a tarima

Xoves, 18 de xuño de 2015. O Concello de Tui, de acordo coa empresa adxudicataria das obras Construcións Castro, e xunto co informe do Arquitecto técnico municipal, decidiu paralizar temporalmente o arranxo da tarima do paseo fluvial, ata que non se acometan as obras de consolidación do terreo no Tramo 1 , o mais próximo ó edificio do Club Náutico.

A dita detención débese a que se produciron afundimentos no terreo que impiden contar cunha base o suficientemente firme para a colocación da tarima. Na Acta de Arraxo e Inicio de Obras xa se recollía esta deficiencia, e por outra banda tamén se indicaba que para poder solucionar este problema de afundimentos, sería necesario contar cun estudo realizado por unha empresa especializada, para detectar con exactitude as causas dos mesmos.

Cos resultados do informe realizado por técnicos poderíanse levar adiante as obras necesarias para a consolidación do terreo, e máis tarde rematar a colocación da tarima xa sobre un firme axeitado. Arestora, os tramos 2 e 3 do proxecto xa viron rematadas as súas obras.

Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, sinala que no menor prazo de tempo posible encargarase o estudo das causas do afundimento, para solucionar este problema e poder rematar o arranxo da tarima. O rexedor lamenta que a estas alturas as reparacións non estean xa efectuadas, o que lle impide a veciños e visitantes desfrutar por completo deste paseo.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....